InicioOrientalRibadeoA EMMED de Ribadeo organiza audicións abertas ao público os meses de...

A EMMED de Ribadeo organiza audicións abertas ao público os meses de marzo e xuño

A primeira audición será o martes 17 de marzo

Publicada o

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organizará nas vindeiras semanas audicións nas que participará boa parte do alumnado do centro. Estas actividades permiten amosar o traballo desenvolvido ao longo do curso nas diferentes disciplinas que se imparten na Escola.

A primeira das audicións será a do alumnado de clarinete e frauta, que terá lugar o vindeiro martes, 17 de marzo, no Salón de Actos. O calendario continuará coas audicións de corda (19 de marzo), percusión (27 de marzo), vento metal (15 de abril), acordeón (16 de abril), danza (8 de maio no Auditorio) e música tradicional (14 de maio). A maior parte das actividades celebraranse nas instalacións da Escola.

Dende a EMMeD destacan que estas audicións supoñen “un momento especial para o alumnado e as súas familias, xa que permiten poñer en valor o traballo realizado nas aulas e compartir coa veciñanza a actividade musical do centro”.

A programación completarase nas vindeiras semanas coa confirmación doutras audicións previstas dentro do calendario do curso. Todas as actividades serán abertas ao público ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...