InicioCulturaFernando Losada: "Cando pecharon os Cines Viveiro decidimos que a vila e...

Fernando Losada: “Cando pecharon os Cines Viveiro decidimos que a vila e A Mariña non podían quedar sen cinemas”

Fernando Losada, xunto con Lorena Crespo, José Vale e Nereida Soria, forma parte do equipo que está a poñer en marcha os Cines Viveiro, un clásico que parecía pechar para sempre. Agora, coa nova xestión, inicia unha nova etapa diversificando o espazo para moitas máis actividades.

Publicada o

- Advertisement -

 

-Como se foi xestando a idea de reabrir os Cines Viveiro e quen estades detrás?

Seguir segue sendo Cines Viveiro mais a empresa detrás é Ás Beiras do Landro S.L., detrás estamos Jose, Nereida e Lorena e máis eu. Dous somos de por aquí, aínda que eu son de Lugo mais pasaba o verán en Viveiro e xa levo vivindo nesta vila desde hai tres anos. Todo isto nace logo de observar a deriva da vila durante estes últimos anos, pois cando pechou o cinema quedamos coma tristes. Non queriamos que Viveiro e A Mariña quedasen sen cinemas e, por culpa diso, quen queira ver un filme, celebrar un cumpleanos ou cousas así, teña que ir a Narón ou Ribadeo para gozar disto. Tamén había xente que nos dicía: “aproveitar o día e ir a Lugo ou A Coruña”.

-Houbo moitas dúbidas antes de poñer a maquinaria a funcionar?

A principal dúbida é: “unha cousa é aquilo que busco facer pola miña xente e outra cousa é o tema económico”. Pensas se vai ser sustentable no tempo e se vai ter moito custo ou non. Aínda estamos en contacto co anterior dono quen nos pasou as contas para facer unha análise das mesmas. Xa temos anunciado a nosa intención, isto querémolo converter nun espazo multicultural. Poderiamos traer pintores, artesáns, mesmo grafiteiros e así terían un lugar onde poden expresarse, impartir e recibir obradoiros. Ademais, aquí pode haber un espazo para reunións, congresos e de aí vén a multiculturalidade que mostramos na nosa proposta.

-Contades con apoios de institucións públicas?

Nestes momentos non temos falado nin con Xunta nin Deputación mais si contactamos co Concello. Dentro duns días teremos unha reunión coa área de Cultura e coa alcaldesa para presentarlles o proxecto e conseguir algún acordo con eles e, a partir de aí que xurdan ciclos de cinema e unha oferta cultural e de ocio para toda a poboación, mesmo vilas e concellos de arredor de Viveiro.

-Ofreceredes un abano cinematográfico amplo?

Por contrato temos que proxectar o filme demandado no momento, aínda así, apostaremos polo cinema galego e polo pequeno creador. Podo adiantar que xa están á venda online as entradas para o sábado 28 de marzo, día en que estará aquí a directora do documentario ‘360 curvas’, nomeado aos Mestre Mateo. Queremos convidar á xente que veña velo porque poden ver moitos paralelismos con Viveiro actualmente.

-Iso é un punto interesante, mais como tentariades atraer xente dos concellos de arredor e do resto da Mariña?

Estámolo estudando e mesmo pensabamos ter un transporte público, tamén estudamos a vía de falar con taxistas para dar facilidade á xente a vir ao cinema desde concellos da costa e de máis interior. Son zonas que a nivel comunicación é complexo se non tes vehículo propio e por iso estudamos a maneira de que poidan chegar aos cinemas e á oferta cultural que buscamos ofrecer.

-O cinema ten tres salas e ademais de cinema tamén pensastes noutras actividades.

Todo está por estudar e cando emprendes hai que facelo proba-erro moitas veces. A sala tres é a máis pequena e queriamos destinala a obradoiros, ter un anexo para darlle unha oportunidade a música, a cantantes e xente que use o son para crear e ao mellor molesta á veciñanza. Isto será un espazo para ensaiar, tocar e así ter un lugar onde poñer os instrumentos. As salas 1 e 2 seguramente estarán destinadas ao groso das actividades que teñan máis público. Non falamos só de cinema, tamén de teatro, monólogos, microteatro, standup e mesmo algún pequeno concurso que temos na cabeza. Todo isto cando esteamos máis asentados. Tamén pensamos nun elemento polo cal mesmo hai xente que contrata buses ou microbuses para ir a Oviedo ver ópera e oír música clásica. Digo isto porque algúns destes cinemas as entradas teñen características especiais onde se pode estar tocando en directo, mais tamén se pode recoller unha emisión en directo dunha grande orquestra emitindo para diferentes salas arredor do mundo. Isto é un servizo que poremos a demanda da xente. Así achegaremos a ópera o máis perto posible dos seus amantes. Tamén quero destacar que hai moitas persoas sorprendidas polo excelente equipamento das nosas salas. Por iso queremos dar un bo servizo, unha calidade de imaxe boa e un son mellor.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...