InicioCulturaA Agrupación Francisco Lanza de Ribadeo organiza o Caldo de Gloria esta...

A Agrupación Francisco Lanza de Ribadeo organiza o Caldo de Gloria esta fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo celebrará este sábado 28 de febreiro imos celebrar o Caldo de Gloria cun xantar e unha sobremesa literaria e musical. Tamén se realizará unha exposición sobre a figura de Rosalía de Castro.

O acto transcorrerá desde as 14,00 h. co percorrido sobre a exposición, cedida pola Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, sobre a figura de Rosalía de Castro. Ás 14:30 lerase o poema “Caldo de Gloria” de Rosalía, o Manifesto da Asociación de escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELGA) escrito este ano pola poeta Eva Veiga, e interpretaremos unhas pezas musicais dedicadas a Rosalía de Castro.

A partir das 15,00 h. comezará o xantar e a sobremesa seguiremos a ler poemas de Rosalía. A organización pide chegada puntual para que o acto sexa fluído.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...