InicioCentralFozA Aula da UNED en Foz oferta xa os novos cursos presenciais...

A Aula da UNED en Foz oferta xa os novos cursos presenciais para marzo

Segundo explica Marta Muíña, coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, “esta nova oferta responde ás demandas actuais da cidadanía, apostando por unha formación práctica, útil e impartida por profesionais"

Publicada o

- Advertisement -

 

A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta para o vindeiro mes de marzo de 2026 unha nova programación formativa dirixida ao público xeral, composta por catro cursos presenciais centrados na saúde, a educación e o benestar persoal, así como unha actividade divulgativa ao aire libre e unha opción de ocio dirixida a crianzas.

Segundo explica Marta Muíña, coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, “esta nova oferta responde ás demandas actuais da cidadanía, apostando por unha formación práctica, útil e impartida por profesionais de recoñecido prestixio nos seus respectivos ámbitos”.

O primeiro dos cursos será “Planificación nutricional para persoas con pouco tempo: organización semanal paso a paso”, impartido por Saray Río, dietista e nutricionista. Trátase dun curso presen-cial cunha duración total de 10 horas, orientado a persoas que desexen mellorar os seus hábitos alimentarios de forma sinxela e organizada.

Tamén se celebrará o curso “Acompañando a dislexia: guía para familias e educadores”, impartido por Alicia Lage, psicóloga e neuropsicóloga clínica. Esta formación presencial, cunha duración de 10 horas, está pensada para familias, docentes e profesionais interesados en comprender mellor a dislexia e aprender estratexias prácticas de apoio. Contará cunha intervención especial de dous membros do equipo de Change Dyslexia a través da canle online nunha das sesión. A concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, destacou que “é fundamental dar apoio tanto ás familias como aos centros educativos para favorecer unha educación máis inclusiva e adaptada ás necesidades reais do alumnado”.

A programación complétase co curso “Primeiros auxilios e coñecementos do DEA en adultos”, impartido por Camilo José Vázquez, profesional da saúde especializado en urxencias e emerxen-cias sanitarias. Esta formación presencial terá unha duración de 12 horas e ofrecerá habilidades básicas para actuar ante situacións de emerxencia, así como para o uso correcto do desfibrilador externo automático (DEA).

Ofrécese tamén o curso “Uso de Silhouette e Canva aplicado ao deseño de eventos”, cunha dura-ción de 25 horas, dirixido a aquelas persoas que busquen iniciarse no deseño dixital e a creación de elementos decorativos para eventos, da man de Carmen Mira, directora de Imaxinatia e forma-dora.

Ademais, realizarase un roteiro interpretativo sobre as cancións de amor das aves, da man de Pedro Rolle, colaborador habitual da UNED de Foz e experto na biodiversidade da zona. A activi-dade terá lugar o 23 de marzo, con saída desde a Igrexa de San Acisclo ás 16:00 horas.

Como peche da programación do mes de marzo, o día 31 celebrarase un obradoiro de manuali-dades de Semana Santa en inglés, impartido por Leticia Veiga, colaboradora e formadora da UNED, dirixido a crianzas de entre 5 e 9 anos.

“Seguimos traballando para achegar formación de calidade ao noso territorio e ampliar as oportu-nidades de aprendizaxe ao longo da vida”, conclúe Marta Muíña.

Desde a Aula Universitaria da UNED de Foz lémbrase que continúa aberto o prazo de matrícula para o presente curso académico, que poderá formalizarse ata o vindeiro 11 de marzo. As perso-as interesadas poden obter máis información sobre a oferta formativa e o proceso de inscrición a través dos canais habituais da UNED ou directamente na propia Aula Universitaria.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...