InicioCulturaBurela celebra o Día de Rosalía con actividades nos centros educativos locais

Burela celebra o Día de Rosalía con actividades nos centros educativos locais

Segundo declarou Mario Pillado, estas actividades buscan “poñer en valor a figura de Rosalía de Castro e fomentar o interese pola lingua e pola literatura galega entre o alumnado”

Publicada o

- Advertisement -

Na mañá de luns 23 de febreiro, varios centros escolares de Burela acolleron diversas actividades educativas e literarias para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. 

A xornada comezou a primeira hora da mañá no IES Monte Castelo, onde o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, participou na inauguración do maratón de lectura organizado polo propio centro educativo.

Ás 12:00 horas, o CEIP Vista Alegre acolleu un recital de poemas da escritora galega musicados, realizado en colaboración coa Escola Municipal de Música. A actividade combinou lectura e interpretación musical co obxectivo de promover unha aproximación creativa á obra Rosalía.

Posteriormente, ás 12:20 horas, alumnado de oratoria do IES Perdouro participou tamén na celebración cun recital de textos da autora, sumándose así á programación conmemorativa da xornada.

Segundo declarou Mario Pillado, estas actividades buscan “poñer en valor a figura de Rosalía de Castro e fomentar o interese pola lingua e pola literatura galega entre o alumnado”, destacando a implicación dos centros educativos na organización das propostas culturais.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...