InicioCulturaRibadeo e Viveiro lembrarán a figura de Hernán Naval a 25 anos...

Ribadeo e Viveiro lembrarán a figura de Hernán Naval a 25 anos do seu pasamento

Publicada o

 A Vicepresidencia da Deputación apoia a iniciativa das asociacións Francisco Lanza de Ribadeo e Colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro para lembrar a Hernán Naval polo 25 aniversario do seu falecemento.

- Advertisement -

O deputado de Mocidade Daniel García e a deputada de Cultura Iria Castro mantiveron un encontro con Farruco Graña e Xiana Naval, das directivas destas asociacións, no que ofreceron o apoio da institución provincial para as actividades que preparan de cara ao aniversario nas dúas localidades.

Na xuntanza, propúxose tamén programar unha iniciativa conxunta que visibilice o legado de Hernán Naval en toda a comarca, desde Viveiro a súa cidade natal, onde foi profesor do Conservatorio ou presidente de Sementeira, ata Ribadeo, onde dirixiu a Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo e promoveu a Escola Municipal de Música de Ribadeo, un dos primeiros centros destas características en Galiza.

Daniel García valorou “a iniciativa das asociacións para lembrar a figura de Hernán Naval, un referente para as agrupacions culturais e as institucións que valoramos a capacidade de transformación social da cultura”.

O deputado mariñao sinalou que “a súa contribución vai máis aló da interpretación e composición, Hernán Naval abriu e democratizou a formación musical, rompendo as barreiras que impedían o acceso a estas ensinanzas e poñendo en práctica os valores e as ideas que defendeu tamén no ámbito pedagóxico, social e político”

O responsabel provincial sinalou que “a súa figura conta cun recoñecemento unánime en toda A Mariña, espcialmente por parte das persoas que foron alumnas e alumnos ou participaron das numerosas iniciativas que impulsou, polo que acordamos coas asociacións promotoras da homenaxe incorporar ás actividades un acto que simbolice a súa relevancia para a comarca”

A Vicepresidencia da Deputación manterá nas vindeiras semanas o contacto coas dúas entidades para seguir avanzando na axenda de actividades para este ano de homenaxe e na publicación dun volume que recompile artigos e outros materiais escritos sobre as temáticas que abordou na súas facetas de docente, conferenciante, articulista, activista cultural e político.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...