InicioCulturaAsemblea de Queremos Galego da Mariña no Cenima en Foz

Asemblea de Queremos Galego da Mariña no Cenima en Foz

Publicada o

- Advertisement -

Queremos Galego da Mariña convoca una asemblea para este xoves 13 de novembro ás 18,00 no salón de actos do Cenima, en Foz. Nese encontro queremos abordar as propostas que nos están a facer as distintas entidades para o proceso “Lingua Vital”. Nesta asemblea a celebrar o xoves 13 de novembro ás 18,00 horas escoitaremos as distintas opinións sobre como relanzar a nosa lingua e facerlle fronte á situación de emerxencia pola que está a pasar o galego.

Recollidas as propostas de cada entidade procederemos ao seu debate e inclusión no documento final, que trasladaremos ao conxunto do país. Ao respecto, queremos lembrar que se constituíron grupos de traballo en torno aos seguintes temas: dereitos lingüísticos; corrección lingüística e onomástica e toponimia; servizos públicos; ensino; ámbito socioeconómico (sociedade; economía); medios de comunicación e novas tecnoloxías; cultura, proxección exterior e lusofonía.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...