A organización do Resurrection Fest Estrella Galicia anunciou este venres que xa se venderon o 78 % dos abonos para a próxima edición do festival, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo de 2026 en Viveiro e que terá á banda Iron Maiden como unha das súas cabezas de cartel. Neste contexto, a organización detallou nunha nota de prensa que os abonos para a Zona Pandemonium xa se esgotaron, polo que recomendou aos interesados que “non demoren a súa compra ante a elevada demanda”, neste sentido, lembrou ao público interesado que aínda se poden adquirir abonos xerais.
Con todo, Limp Bizkit, Marilyn Manson ou Trivium son algúns dos artistas que conforman ata o momento o cartel deste festival que cada ano se consolida como “un dos festivais de música rock e metal máis destacados de Europa”. Cómpre lembrar que Iron Maiden regresará ao Resurrection Fest de Viveiro o próximo verán tras 10 anos de ausencia, a este regreso sumar Limp Bizkit, que ofrecerá na vila lucense o seu único concerto en España no ano 2026.
