InicioCulturaMarcelino Agis: "As xornadas Mar por Medio significan pontes para unir pobos"

Marcelino Agis: “As xornadas Mar por Medio significan pontes para unir pobos”

Marcelino Agis é o presidente da Academia Xacobea, entidade que desde hao tres anos leva adiante as actividades das xornadas Mar por Medio en Ribadeo. A posta en valor do Camiño Norte, o significado de Ribadeo como cruzamento de camiños, culturas, persoas e de intercambio tanto por terra como por mar, fixeron deste lugar un punto de referencia no Camiño do Norte. Xustamente este ano cúmprese o vinte aniversario das xornadas, algo que as volve especiais.

Publicada o

- Advertisement -

-Que son as ‘Xornadas Mar por Medio’ e cal foi o motivo de escoller este nome para as mesmas?

As Xornadas Mar por Medio naceron hai vinte anos por iniciativa dun hispanista británico, John Rutherford. O nome procede dalgún documento notarial onde se indica que as propiedades na zona da costa norte, e as de Ribadeo en particular, lindaban “mar por medio” co Reino Unido. Ese é un motivo para unir e ese é o espírito que quixemos imprimir á edición tan especial deste ano que é a número 20.

-Explique a figura de John Rutherford.

É un profesor da Universidade de Oxford onde actualmente funcionan un Centro de Estudos Galegos apoiado pola Xunta de Galicia. Rutherford foi pioneiro na apertura dos estudos sobre literatura española e hispánica ademais de iniciar as relacións entre Galicia e os países de lingua inglesa, en particular co Reino Unido. Tamén se instalou en Ribadeo, unha vila á que lle colleu cariño e desde onde promoveu este espírito de unidade, concordia e cultura entre as dúas beiras do mar. Por esta razón, a Academia Xacobea, despois de parar tres anos na celebración nestas xornadas, aceptou o convite do Concello de Ribadeo e da Xunta desta idea tan bonita dándolle un contido xacobeo.

-Como abordan estas xornadas a relación Ribadeo-Camiño de Santiago?

Nesta edición o título é ‘Ribadeo encontro de camiños’ fai alusión a dous aspectos. Primeiro, que Ribadeo é unha vila con arrecendo Xacobeo por pasar o Camiño do Norte e tamén por ser un porto de mar onde chegaban e chegan viaxeiros atravesando ese mar. Á parte disto, esta idea de ‘encontro de camiños’ ten relación con ese espírito de Ribadeo promovendo iniciativas culturais, musicais, artísticas e de hospitalidade. Por isto último, é un lugar idóneo para que as persoas encontren peregrinos e que ese camiño, tanto metafórico como xacobeo que encarna Ribadeo, sexa unha excusa perfecta para facer un alto no camiño e reflexionar de que maneira podemos mellorar o Camiño de Santiago nun tempo que non está exento de problemas mais segue unindo ás persoas e os valores que caracterizan a nosa cultura que non só son galegas ou españolas senón tamén europeas.

-Describa como serán as xornadas deste ano polo XX aniversario.

A mesa inaugural terá lugar o venres 19 de setembro ás 18:15, o acto de benvida será protagonizado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega e eu mesmo, presidente da Academia Xacobea. Este ano pensamos en facer unha mesa redonda onde as organizacións implicadas conten brevemente que é para eles o Camiño nestes momentos e que significa Ribadeo no Camiño e por iso estarán nesa mesa Xunta, Principado de Asturias e fixemos xestións para que estea representado o Senado, a USC, Universidade de Oviedo, Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo. En segundo lugar, a estrutura das xornadas consiste en ir alternando mesas redondas e conferencias. A primeira mesa redonda estará dedicada a Galicia e Asturias unidas no camiño. Logo haberá unha conferencia de Manuel Valín, unha persoa moi vinculada e impulsora, colaboradora do profesor Rutherford no desenvolvemento das xornadas Mar por Medio. No segundo día haberá unha mesa redonda para presentar como a pregrinación e encontro de culturas nos grandes centros de peregrinaxe Santiago, Roma e Xerusalén neste ano 2025, xubileo romano. Tamén haberá unha conferencia sobre o Camiño de Santiago como modelo de turismo rexenerativo.

-Que resultados están recollendo despois de vinte anos de Mar por Medio?

A Academia Xacobea, como xa dixen, leva só tres anos coa organización das xornadas e que tiveron un marcado carácter xacobeo. Ademais disto, penso que as persoas en tempo de lecer e vacacións buscan, ademais de turismo, cultura e as xornadas Mar por Medio ofrece esa alternativa cultural que moita xente, cada vez máis, queren empatizar e simpatizar coa vila onde pasan o seu tempo de lecer. Ese é o significado das xornadas Mar por Medio, que os pobos non deben estar separados por fronteiras senón unidos por pontes. Engadiría tamén que a organización pensou nunha parte festiva e de lecer e que os tres días teñan actividades deste tipo. Haberá un concerto de Manoele de Felixa presentando o seu novo disco, a intervención da Coral Polifónica de Ribadeo na Igrexa de Santa Clara e o último día faremos un roteiro baixo o nome “Tras os pasos da orde franciscana”.

-Cal é a pegada que deixou o Camiño de Santiago en Ribadeo?

Foi un camiño de peregrinación cristiá e tamén encontro de culturas, persoas e de desenvolvemento económico. Hai lugares no Camiño Norte que eran lugares deprimidos e a ruta foi unha axuda no seu desenvolvemento. Isto tamén se sentiu en Ribadeo coa construción de edificios para acoller peregrinos e celebrar o culto. Establecéronse roteiros para os peregrinos, tamén se creou un código legal para protexer a quen peregrinase. Ribadeo non foi unha excepción cos seus mosteiros, a presenza franciscana, a presenza de Santiago nos templos e lugares de hospitalidade. Ten unha pegada histórica e desde o Concello queren transformar todo isto en elemento de valor.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...