InicioCulturaAnxo Martíns: "O irmandamento con Loktudi é un dos vinte que hai...

Anxo Martíns: “O irmandamento con Loktudi é un dos vinte que hai entre vilas galegas e bretoas”

Anxo Martíns, da Asociación Irmandade Ribadeo-Loctudy, foi un dos visitantes á localidade bretoa que está irmandada con Ribadeo. Este ano foi a quenda dos ribadenses quen o vindeiro ano serán os visitantes na vila do Eo. Esta acción de irmandamento leva case vinte anos e forma parte dunha rede de vilas galegas e bretoas que teceron lazos entre elas, en total uns vinte irmandamentos.

Publicada o

- Advertisement -

-Como nace a este irmandamento entre Ribadeo e Loktudi na Bretaña francesa?

En 2005, respondendo a un convite da vila de Loktudi, unha representación de asociacións de Ribadeo ademais do alcalde da época visitaron a localidade da Bretaña para tratar o irmandamento, unha iniciativa que partiu desde o concello bretón. É algo moi común irmandarse entre localidades galegas e bretoas, en total hai algo máis de vinte lugares irmandados entre Galicia e Bretaña un número moi importante de irmandamentos. Isto non se dá, por exemplo, con Alemaña ou Italia. A idea en si partíu dun grupo de persoas interesado neste tipo de irmandamentos. Desta maneira respondían a un desexo de coñecerse persoas de Galicia e da Bretaña.

-Cantas persoas forman parte do grupo que vai a Loktudi?

En total imos trinta e dúas persoas, mais tivemos algunha baixa de última hora por cuestións de saúde. A Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy ten sobre cincuenta persoas.

-Durante a viaxe de ida e a de volta faredes unha serie de actividades á parte da visita á localidade bretoa.

Son paradas para visitar algunhas localidades. Na primeira xornada, a de ida que son dous días, visitamos Mutriku, en Guipúscoa, iso pola mañá, pois pola tarde visitaremos Casteths, onde pasamos a noite. Tamén paramos en La Roche-Bernard para visitar esa vila e ás seis da tarde chegaremos a Loktudi onde nos encontraremos cos nosos anfitrións. Na viaxe de volta vistamos La Rochelle o primeiro día, durante a segunda xornada visitamos Hondarribia e logo Santillana del Mar, en Cantabria.

-Estando en Loktudi parastes nas casas de acollida de xentes de alí. Como se organiza este sistema de acollemento, tamén en Ribadeo?

Paramos en casas particulares, con familias e mantemos eses vínculos con cada unha das familias. Cando eles veñen a Ribadeo, nós aloxámolos nas nosas casas. Durante o día hai unhas actividades preparadas pola Asociación, logo pola noite durmimos na casa desa familia coa que coincidimos nalgunhas actividades. Hai un día, O Domingo da Familia, que cada fogar organiza algo coas persoas que aloxa.

-As familias xa se coñecen entre si?

Hai algunas familias que levan tempo facendo acollidas, a estas envíanselles mensaxes desde as persoas que xa coñecen e logo persoas que se incorporan recentemente xa teñen o contacto dunha das familias.

-Como vos entendedes entre vós?

Falamos en francés, español ou en galego, facemos por comunicarnos. Realmente non hai un problema de comunicación, non hai impedimento. No caso de visitas faise tradución ao español. Tamén hai xente que pode saber algo de inglés.

-Recibides algunha axuda ou subvención?

Somos unha asociación cultural máis e participamos en concorrencias competitivas entre asociacións culturais de Ribadeo. Por iso, recibimos unha axuda do Concello de Ribadeo.

-O ano que vén será a viaxe ao revés, non?

Si, o ano que vén teremos a visita desde Loktudi.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...