InicioCulturaProxección de "O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata" no Museo do...

Proxección de “O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata” no Museo do Mar de San Cibrao

O documental, que se estreou o pasado setembro en Ribadeo coindindo co centenario do pasamento do Vello Pancho, explora a masiva emigración galega ao Río da Plata, especialmente dende a comarca da Mariña e Ribadeo, durante a segunda metade do século XIX.

Publicada o

- Advertisement -

O  Museo Provincial do Mar de San Cibrao acolle o vindeiro xoves -10 de xuño- a proxección do documental  “ O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata” de Xan Leira, unha
produción financiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo que afonda na historia da emigración galega ao Río da Plata  a partir da figura do ribadense José Alonso y Trelles, coñecido como O Vello Pancho.

O acto contará coa participación do director do documental e de Pablo Rodríguez “Vivín”, escritor, investigador e historiador local de Ribadeo e depositario do arquivo familiar de Alonso y Trelles, que  guiará ao público a través desta apaixonante viaxe histórica.

A deputada de Cultura Iria Castro convidou a asistir a proxección do documental e ao coloquio, que contribúen ao coñecemento e á divulgación da historia da comarca e do país a partir da pegada da emigración cara a America.

Unha historia de emigración e legado cultural
O documental, que se estreou o pasado setembro en Ribadeo coindindo co centenario do pasamento do Vello Pancho, explora a masiva emigración galega ao Río da Plata, especialmente dende a comarca da Mariña e Ribadeo, durante a segunda metade do século XIX.

A través do arquivo familiar de Alonso y Trelles, coñecido como “O Vello Pancho”, descuberto polo propio Pablo Rodríguez “Vivín”, a película afonda na vida e obra deste destacado escritor e político, con achegas de persoas investigadoras deste etapa histórica  como Pilar Cagiao, Martín Fernández Vizoso, Manuel Suárez, José Mª Monterroso Devesa, así como de Toni de Seares e Ana Lorenzo,   últimos responsables do programa de radio Sempre en Galicia, de Montevideo e integrantes do Patronato da Cultura Galega.

A obra poética de Alonso y Trelles e a súa influencia na música
A narrativa do documental analiza a obra poética de Alonso y Trelles, destacando os seus temasprincipais: a natureza, o gaucho e a vida rural uruguaia. A súa influencia chegou ata o mundo da música, con figuras como Carlos Gardel e Alfredo Zitarrosa, quen puxeron voz a varios dos seus poemas. Gardel interpretou pezas como “¡Hopa, hopa, hopa!”, “Insomnio” ou “Misterio”, mentres que Zitarrosa converteu “De la Lucha” nun himno reivindicativo.

O legado de “O Vello Pancho” na actualidade
O coloquio posterior á proxección abordará o significado actual da obra de Alonso y Trelles e a súa contribución ao patrimonio cultural e histórico da provincia de Lugo. A súa traxectoria serve como ponte entre Galicia e Uruguay, recordando o papel fundamental dos emigrantes galegos na construción material e inmaterial destes países.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...