InicioCulturaA axenda de ocio: fin de semana de contacontos en Mondoñedo

A axenda de ocio: fin de semana de contacontos en Mondoñedo

Teatro, proxeccións, foros sobre pesca ou un acto lúdico pola sanidade pública protagonizarán a fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

BARREIROS

O grupo teatral cervense O Bordelo porá en escena o domingo a obra Toluras de proveito‘. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, a partir das 18.00 horas.

O BNG impulsa este domingo, desde as 12.00 horas na praza do Concello, un acto lúdico-reivindicativo para reclamar a cobertura de pediatría nos municipios de Barreiros, Mondoñedo e Lourenzá.

Haberá música para todos os públicos con Pakolas e actividades para nenos. De darse mal tempo, o evento celebrarase no centro sociocultural.

BURELA

Este venres, a partir das oito da tarde, Pepe Peinó presenta a súa novela ‘A Fuxida‘ na librería Nobel.

O xerente da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) Lugo, Sergio López, a directora xeral de Pesca, Mercedes Moreda, e o catedrático de Dereito José Manuel Sobrino participarán o sábado nun foro sobre o impacto do Brexit no sector pesqueiro.

Novas Xeracións de Burela, que pechará a conselleira, Rosa Quintana, e comezará ás 11.00 horas na casa do mar de Burela.

Tamén o sábado, o Pescados Rubén Burela FSF recibirá ao Viaxes Amarelle no derbi galego da Liga Foro 16 Feminismo. O encontro comezará ás 17.00 horas.

Dany defende a unha xogadora do Leganés. AXM

As discípulas de Julio Delgado e máis Lucas queren afianzar o seu liderado na máxima categoría e seguir a súa impecable traxectoria na casa, onde non cederon un só punto.

CASTROPOL

O grupo de teatro barreirense Ollomao recreará a peza ‘Enciclopedia Álvarez‘ na casa da cultura de Castropol. A obra comezará ás 20.30 horas.

FOZ

O venres continúa o Campañazo da Acia de Foz. Cada xornada póñense en xogo 600 euros, 300 para o primeiro que cante bingo e 300 para o resto dos cartóns.

Susana Álvarez ofrecerá un monólogo o sábado, desde as 20.00 horas, na cafetería Anduriña.

MONDOÑEDO

Mondoñedo será o epicentro da narración oral galega, cun encontro que incluirá un espectáculo de contacontos de balde no auditorio Pascual Veiga, o sábado a partir das 20.30 horas.

RIBADEO

O teatro de Ribadeo acollerá este sábado, desde as 20.00 horas, a proxección da longametraxe ‘Nove de novembro‘, de Lázaro Louzao. Trátase da primeira película rodada en galego sobre unha relación homosexual.

O domingo, a cantautora focega Ugía Pedreira ofrece un obradoiro de arrolos. A actividade, pensada para nenos de entre cero e tres anos, comezará ás 17.30 horas no teatro. Disporanse 20 prazas para crianzas con acompañante, a tres euros.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...