InicioCulturaÁngeles Rodríguez: "O Correlingua pasará por lugares ligados a autores mindonienses"

Ángeles Rodríguez: “O Correlingua pasará por lugares ligados a autores mindonienses”

Ángeles Rodríguez, concelleira en Mondoñedo, fala do Correlingua na Mariña que se celebrará este ano na vila de Leiras Pulpeiro, Cunqueiro ou Pascual Veiga. Case mil escolares participarán nesta proba deportiva pola lingua o día 20 de maio. Unha proba deportiva a prol da lingua e que finalizará na Praza da Catedral. Alí, os e as participantes gozarán con actividades preparadas para eles logo dun día percorrendo unha parte do universo literario galego.

Publicada o

- Advertisement -

-Como afronta Mondoñedo a celebración do Correlingua este 2025 na Mariña?

Mondoñedo acolleu o Correlingua en 2018 e o certo é que temos traxecto andado pois o percorrido é o mesmo. Estamos preocupados por se chove pois algúns puntos do percorrido serían moi esvaradizos, iso obrigaríanos a cambiar eses puntos dentro do itinerario. Ademais diso, xa temos todo planificado incluíndo a sinaléctica dos cruzamentos pensando nos máis pequenos, que non se perdan. Tivemos varias reunións con Paula Alvite, a encargada deste Correlingua, e por outra parte, ademais de todos os voluntarios que traballan para o Concello de Mondoñedo tamén vai participar un ciclo de FP de Animación Sociocultural de Ribadeo.

-Describe como será ese percorrido, os lugares por onde pasará.

Os rapaces chegarán desde o aparcadoiro para os autobuses no Campo dos Paxariños, a saída sería na Alameda, baixaría pola a Avenida das San Lucas e logo farían un percorrido arredor do casco histórico para acabar na Praza da Catedral.

-Como se organiza a seguridade deste Correlingua?

Temos un convenio con Cruz Vermella para actividades deportivas, así pois serán eles os que se trasladen a Mondoñedo para traer unha ambulancia se fose necesario, aínda así, temos perto o PAC. Todo isto estará coordinado co voluntariado para que, se pasa algo, os servizos de emerxencias cheguen o antes posible.

-Nestes momentos, cantos participantes tedes inscritos?

Agora temos uns oitocentos noventa e seis participantes, quedaba por confirmar unha aula mais o que serían nenos temos arredor de novecentos nenos. Dicir que participan case todos os colexios da comarca con algunha aula.

-Dentro deste Correlingua cales serían as principais actividades nas que poden participar nenos e nenas á parte da propia carreira?

Os máis pequenos quedarán na praza da Catedral onde estaría Frank Rey, quen faría de mestre de cerimonias, haberá actuacións como a da Mecánica Rolling Band para os maiores e tamén actividades levadas adiante por Paco Nogueiras para os máis pequenos.

-Mondoñedo é cuna de ilustres autores en galego: Cunqueiro, Leiras Pulpeiro e músicos como Pascual Veiga. Vaise facer algunha actividade en relación a estes creadores?

O Correlingua está pensado para pasar por todos aqueles puntos de referencia como son Leiras Pulpeiro, por diante do Seminario onde estudaron outros autores das nosas letras e diante da Casa de Cunqueiro e Noriega Varela. Por tanto, os nenos poderán ver lugares distintivos relacionados con estes persoeiros. Tamén buscamos que os nenos coñezan o que aconteceu no noso concello observando lugares destacados.

-Á parte de todos estes actos, haberá algunha sorpresa para todos os mozos e mozas que se xunten ese día en Mondoñedo?

Non, máis que nada porque sería complicado e porque buscamos que todo vaia encaixado, mais deixaremos libre a improvisación da rapazada. Con todo, esperamos ter todo ben sincronizado todo o posible porque son moitos nenos.

-Fóra do Correlingua, celebrades o resto dos anos actividades parecidas?

O Día das Letras Galegas vinculámolo moito aos nosos escritores e sempre programamos actividades na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, para dar a coñecer a figura a quen se lle dedique o Día ese ano. Así, preparamos actividades para nenos e outras para os adultos.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...