InicioCulturaKorn, confirmado para o Resurrection Fest 2025

Korn, confirmado para o Resurrection Fest 2025

Este concerto será un dos máis esperados no festival da Mariña debido a que caeu do cartel a última hora en 2022.

Publicada o

- Advertisement -

Korn, banda pioneira do nu metal, é outra das actuacións confirmadas para a 20ª edición do Resurrection Fest, que se celebrará entre o 25 e o 28 de xuño de 2025 en Viveiro. A banda californiana regresará a España despois de oito anos e súmase así a outros grupos xa confirmados para o ‘Resu’: Slipknot e Judas Priest. Precisamente, este concerto será un dos máis esperados no festival da Mariña debido a que caeu do cartel a última hora en 2022.

Jonathan Davis e o seu grupo ofrecerá un concerto no que soarán algúns dos seus maiores éxitos, como ‘Freak On a Leash’, ‘Blind’ ou ‘Falling Away From Me’. Pola súa banda, os abonos do festival poranse á venda este venres, 22 de novembro, a partir das 13.00 horas na web oficial (http://resurrectionfest.es).

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...