InicioCulturaJudas Priest estreará no Resurrection Fest o seu novo traballo 'Invincible Shield'

Judas Priest estreará no Resurrection Fest o seu novo traballo ‘Invincible Shield’

Publicada o

- Advertisement -

A banda británica Judas Priest actuará no Resurrection Fest de 2025, en Viveiro, onde celebrará os 35 anos do disco ‘Painkiller’, publicado en 1990.

Tras o seu paso por Viveiro hai tres anos coa súa xira ’50 heavy metal years’, Judas Priest presentarán o próximo ano o seu recente traballo de estudo ‘Invincible Shield’, dentro da xira ‘The Shield of Pain Tour’.

Ademais de celebrar o 35 aniversario dun dos mellores traballos da banda, “tampouco poderá faltar en directo unha gran parte dos himnos da banda, así que os fans do heavy metal non poderán perder esta cita”.

Deste xeito, unha das principais bandas de heavy a nivel mundial súmase aos tamén xa confirmados Slipknot, outro dos grandes nomes da próxima edición. O Resurrection celebrarase do 25 ao 28 de xuño de 2025.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...