InicioCulturaAlfoz e O Valadouro valoran positivamente a súa presenza en Xantar

Alfoz e O Valadouro valoran positivamente a súa presenza en Xantar

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de Alfoz e de O Valadouro valoran moi positivamente a súa presenza en Xantar 2024 en Expourense, consolidando a calidade dos produtos locais e poñendo en valor os produtores do val.

Ao longo da xornada de onte, a Alcadesa e responsable de Turismo do Concello de Alfoz, Efigenia Maseda, e a Concelleira de Cultura do Concello do Valadouro, Lorena Díaz, participaron na 25ª Edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Expourense, dando a coñecer produtos autóctonos e de calidade: mel, mazás, empanada e embutidos de porco celta para que os visitantes deste evento poñan en valor todo o producido e colleitado no noso val. Os mostradores da Deputación de Lugo foron cedidos para que puidese ter lugar esta mostra.

Foi unha gran ocasión para poder amosar os nosos produtos autóctonos e compartir o valor que o noso val ten e unha magnífica oportunidade que axude a promover a nosa terra e apoiar así aos nosos produtores locais.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa presenta un informe sobre Ignis EQT antes da asemblea de traballadores

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, traslada un informe...

Presentación do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en San Cibrao

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro sábado 21 de...

Continúa a Semana da Infancia en Burela con actividades para todos e todas

A Semana da Infancia organizada polo Concello de Burela continúa esta semana co desenvolvemento...

Presentado o plan de salvamento e seguridade en Ribadeo para este verán

Ribadeo presentou hoxe o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu...