InicioCulturaOurol acollerá o Festival Aturuxo dos Bravos

Ourol acollerá o Festival Aturuxo dos Bravos

Terá lugar os días 19 e 20 de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o alcalde de Ourol, José Luís Pajón Camba, asinaron este venres un acordo para impulsar o Festival Aturuxo dos Bravos, que se celebrará os días 19 e 20 de xullo e ao que a institución provincial destinará 20.500 euros. Diso informou a Deputación nun comunicado, no que destaca que a cita, con entrada gratuíta, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas como Loita Amada, Tecor Societario, Catuxa Salom e Ugía Pedreira.

“Unha cita con entrada gratuíta creada para fomentar e dinamizar a parroquia de Bravos a través da música, pero tamén para promocionar o territorio”, afirmou Tomé. O presidente provincial destacou que a Deputación colabora con este festival, que se organiza coa asociación Aturuxeiros de Bravos, desde hai uns anos, incrementando a achega acorde ao cartel e á programación organizada.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...