InicioCulturaIrene Rega: "Recomendo ler moito para ter ferentes se queres escribir"

Irene Rega: “Recomendo ler moito para ter ferentes se queres escribir”

Irene Rega (Cervo) é a gañadora do IV Certame de Novela Irmáns VIlar Ponte de Viveiro. Fíxoo co libro 'Tecendo Redes', unha novela negra onde aparecen diversas liñas argumentais que van tecendo a rede que é a novela. Este é o seu cuarto traballo publicado e o seu segundo premio literario, o primeiro foi Premio Illa Nova de Narrativa 2022.

Publicada o

- Advertisement -

-Cal é o fondo de ‘Tecendo Redes’?

Aparece un morto na primeira páxina e a partir de aí comeza a busca do ou da culpable. Aí aparece a outra protagonista, Verónica, quen tivo un pasado co morto e detrás diso houbo un conflicto.

-Esta novela leva o IV Premio Irmáns Vilar Ponte, o xénero é thriller ou novela negra. Cres que se está explotando moito este xénero en literatura?

Creo que é un xénero moi adaptable a diversos contextos, é moi apreciado e tamén temos moi bos referentes. Isto último é o que chama lectores.

-Cales son os referentes para ti dentro e fóra da literatura galega?

Fóra da literatura galega, ‘Plenilunio’, de Muñoz Molina. As miñas novelas favoritas son en galego, as de Pedro Feijóo, Arantxa Portabales ou Domingo Villar.

-Canto che levou a construción desta novela?

Primeiro tomo apuntes e logo quedan na miña cabeza. Había anos que tiña no ordenador dúas páxinas que coincidiron coas páxinas 60 e 61 da novela. Esta é unha parte do primeiro interrogatorio que lle facían a Verónica. Logo a historia ocorréuseme a historia e logo outras liñas argumentais que sumei. A escrita foron cinco ou seis meses mais se lle sumo as correccións levou anos.

-Como entraches no xénero da novela negra lendo?

Lembro que só me gustara unha novela de Marilar Aleixandre de todas as lecturas que nos daban en galelo cando estaba no instituto. Logo, un día a profesora de linga galega recomendounos ler ‘Ollos de Auga’ de Domingo Villar. Recordo que con esa lectura me cambiou a actitude porque me gustaba mesmo como soaba, o ritmo da novela. A partir de aí busquei libros do mesmo autor e moitas máis novelas.

-Gustaríache tocar outros xéneros que non sexa a novela negra?

Gústame experimentar, outra cousa é que me atreva a mostrarllo a alguén. Realmente escribo outros xéneros mais non os vexo da mesma maneira, que non son igual de boas. Mais si que me gusta escribir outras cousas.

-Que motivos te levaron a ser escritora?

Creo que non sei responder a esta pregunta. Os meus avós contaban moitas historias na nosa casa, mais nunca pensei en “quero ser escritora”, penso que foi un paso, pois cando che contan historias todo o tempo ao final acabas collendo un lapis e comezas a escribir.

-Cando alguén lea esta entrevista e haxa quen queira ser autor ou autora, cal é a túa primeira recomendación?

Presentarme a concursos pois penso que é a maneira máis simple de saber se vale o traballo. Por outra parte, recomendo ler moito, ter referentes para descubrir as túas preferencias. A min pode gustarme a forma de narrar dun determinado autor ou autora que teñan capítulos curtos. Por exemplo, tes dúas novelas de temática similar e ao final acábache gustando a novela con capítulos curtos que a outra con poucos capítulos e máis longos. O feito de ler é saber por que che gusta máis que teña os capítulos curtos, pola axilidade, pola brevidade, entón escolles facelo así. Á parte de ler, escribir e pensar mais non fiar as historias inmediatamente, o papel en branco impón moito. Por tanto, probar, tentalos de moitas maneiras e que che guste.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...