InicioCulturaChristian Salles (II): "Non coñezo máis brasileiros que fagan traballos de conexión...

Christian Salles (II): “Non coñezo máis brasileiros que fagan traballos de conexión con Galicia”

Christian Salles coñeceu e namorou de Galicia hai anos mediante as redes sociais. Co seu podcast 'Quintal da Galaécia (Portugaliae et Galaeciae) creou unha ponte de unión entre o Brasil e Galicia coa que os dous lugares se poden coñecer un ao outro.

Publicada o

- Advertisement -

-Cando chegou aquí sentíu a diferenza de sotaques, acentos, que temos entre os galegos?

Non tanto como eu esperaba pois para a xente que é de fóra non resulta doado perceber sotaques, entón para nós os portugueses teñen todos o mesmo sotaque e igual sucede cos galegos. Un brasileiro non consegue detectar diferenzas no momento de falar de non ser que teñas unha convivencia diaria non consegues detectar diferenzas entre un portugués miñoto dun portugués de Braga, os de fóra entedemos unha forma xeral. Da mesma forma nos pasa co galego, só que algunhas cousas si percebía como era o galego falado en Camariñas tiña diferenzas co galego falado en Lugo ou Ourense. Porén, non se pode detectar todas as variacións se non ten un convivio cotidiano.

-Esa foi a primera viaxe, fixeches algunha outra por Galicia?

Non porque despois entramos na pandemia. Eu tiña pensado en volver ao mellor en 2020mais aquí tiñamos unha crise económica, un goberno estraño, o euro e o dólar tiñan unha diferenza moi elevada coa moeda brasileira, entón había que facer un grande esforzo para a conversión da moeda. Era moi complicado volver. Todas as economías quedaron afectadas así pois non vai haber unha nova viaxe en pouco tempo.

-Están realizando algún proxecto entre persoas desde onde vives con persoas de aquí?

Realmente estou nun projecto máis na parte literaria, na poesía, nun programa radiofónico onde colaboraba unha xornalista que non sei por que pararon de axudar a emitilo. Era unha radio online chamada Radio Navarro, non sei que sucedeu logo se é que deixou de transmitir. Contactei coa colega para que se quería puidese usar a miña canle online para facer unha comunicación transfronteiriza entre Galicia e Brasil. Outra persoa que coñecín en Brasil, tamén interesada en asuntos galegos, é unha profesora da Universidade Estatal de Río de Janeiro, Taia de Gaspar. Ela ten un centro de estudos galegos nesa universidade mais descoñezo como está o proxecto agora. Non coñezo outros brasileiros que investiguen ou fagan algo parecido sobre Galicia. Si sei dun brasileiro que conta as súas experiencias vivindo en Galicia e tamén o canal dunha profesora de portgués que fixo unha vez unha entrevista a un galego. Fóra de aí non sei de máis nada.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...