-Christian, tu vives no Río do Janeiro, mais como foi o teu contacto con Galicia e o galego?
Si, vivo no Río de Janeiro mais non son carioca aínda que a maior parte da miña vida esta ligada a Río. A primeira vez que oín a palabra Galicia foi alá polo ano 2.000 e foi nun curso preparatorio. Unha compañeira de aulas dixera algo así como “eu son medio celta porque meu pai é galego”. Non entendín moi ben aquilo, ademais para in falar de celtas era algo relacionado coa Irlanda ou o País de Gales. Cando volvín oír falar de Galicia foi durante a segunda etapa na universidade cando estudaba historia. Había unha cadeira onde se estudaban os xenios ou orixens ibéricos (árabes ou cristiáns) de maneira moi xenérica. Este profesor penso que fixera algunha tese doutoral ou un traballo de investigación en Santiago de Compostela. Ademais, esa época coincidiu cun período en que eu estaba procurando música portuguesa. Eu estaba nun momento non anglófono e buscando música portuguesa volvín escoitar sobre Galicia. Eu pregunteime: que é iso de Galicia? Aí foi cando comecei a encontrar algúns grupos de rock galegos que cantaban cun sotaque semellante ao portugués mais ao mesmo tempo non era portugués. Non entendía como fóra de Portugal se falase algo que era noso. Entrando en redes sociais, Facebook máis que nada, encontrei grupos de varias opinións e un deles espertou a miña curiosidade cando me falaron da cuestión sobre o reintegracionismo e desde aí comecei a miña exploración.
-Como foi o teu primeiro contacto co reintegracionismo e cal foi a túa primeira impresión?
Feito o primeiro contacto con galegos nas redes sociais, primeiro en Facebook e logo xa entrei en grupos de Whatsapp, puiden ver persoas escribindo coma min ou senón de forma diferente. Algunhas desas persoas que escribían coma min usaban vocabulario que eu non coñecía e iso espertou en min moita curiosidade. Uns usaban un sistema moi semellante ao que nós temos mais outros usaban sistemas como o rematado en “-om” en vezde “-ão”. Coñecín persoas relacionadas co reintegracionismo desde diversas procedencias, non só profesores senón tamén persoas do cotiá e desde aí comezaron debates e intercambios con persoas, movementos ou casos descoñecidos para nós e para a maioría dos nosos académicos.
-Cal foi a primeira sorpresa cando escoitas por primeira vez falar galego?
Que era unha cousa ancestral, que era como parte de min mais era anterior a min. Era como falar cunha maneira de falar que xa non existía. Era unha cousa perdida e que eu encontrei espertando a miña curiosidade e así foi como empecei a profundar academicamente neste aspecto.
-Como coñeceu ao Bernardo Penabade?
El estaba nun grupo onde eu participaba. Era un grupo de Whatsapp administrado por un portugués con quen entrei en conflito de ideas e aí foi cando deixei o grupo, migrei e creei outro grupo vendo que moita xente viña canda min. Aí fomos compartindo ideas, curiosidades, traballo e apareceu unha persoa que coñecía o Bernardo e quen mo presentou ademais doutras persoas. Foi o Matías Nicieza quen me presentou tanto a Bernardo como Marco Pereira. Aí vin que me daban máis información con profundidade ademais do Modelo Burela e a parte máis interesante para min como foron os podcasts, a radio e as vías de comunicación entre nós.
-Como foi a primeira vez que chegou fisicamente a Galicia e as impresións que reuniches durante a viaxe?
Comecei a idear a viaxe en 2018 e pensar que podería facer en 10 días tamén pensei en ir só, así podería moverme máis lixeir, mais poucos meses antes a familia decide vir comigo e tiven que mudar os meus plans. Fumos en xullo de 2019, perto do Día da Patria. Primeiro fomos por Portugal, desde Porto, pasando por Braga, Guimarães e Ponde de Lima, e cheguei a Pontevedra. Dormimos nunha aldea entre Pontevedra e Ourense, fomos ao 25 de Xullo. Para o outro día fixemos turismo en Santiago, fomos a Camariñas, para o outro día fomos a Coruña, seguimos en Lugo e de aí a Burela, onde coñecín directamente a Bernardo. Fomos para Ourense, Allariz, Chaves e Porto. Fixen varios contactos, dinámicas e só usei o castellano unha vez, no aeroporto de Madrid. En Galicia en todas partes me expresei en portugués de maneira pausada e vin que aínda me entendían, foi cando vin a posibilidade de entendemento entre galegos e brasileiros. Logo da viaxe aprofundei en cuestións máis pontoais que as viaxes preparadas non mostran.