InicioCulturaUn musical de Queen será o reclamo do Eu Son Eo

Un musical de Queen será o reclamo do Eu Son Eo

Os municipios de Trabada e Vegadeo organizan a terceira edición do festival interrexional

Publicada o

- Advertisement -

O musical ‘We love Queen’, que homenaxea e teatraliza a música da lendaria banda de rock británica, será un dos reclamos da terceira edición do Festival Interrexional Eu Son Eo, que organizan de forma conxunta os concellos de Trabada e Vegadeo. O evento será en Abres os días 29 e 30 de xuño.

A vicepresidenta e voceira da comisión organizadora do evento, Hortensia Araújo, conduciu a presentación do evento, á que acudiron o alcalde vegadense, César Álvarez, e a rexedora de Trabada, Mayra García. Araújo sinalou que o musical sobre Queen é un espectáculo “cargado de enerxía e de cor” que “soará espectacular á beira do río Eo”.

unha das novidades do programa será un monólogo

Outra das actuacións estelares será a o grupo pucelano Cañoneros, que interpreta cancións da década dos 80. Ademais, varios Djs da zona animarán a festa con pezas para todos os públicos. “Este é un festival pouco común, no que poden participar desde nenos ata maiores”, sinala Araújo.

O programa inclúe un monólogo, actividades acuáticas, exposicións e charlas, e tamén unha feira artesanal na que participará xente da zona. Friedrich, o ferreiro do Mazonovo, de Santa Eulalia de Oscos, ofrecerá un obradoiro do seu oficio. E tamén haberá unha carreira popular.

Todas as actividades do Eu Son Eo, incluídas as actuacións musicais, son de balde.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...