InicioCulturaNois lembrará os esforzos dos veciños por posuír terras

Nois lembrará os esforzos dos veciños por posuír terras

O estudoso Antonio Sixto ofrece mañá unha charla sobre a propiedade dos terreos na parroquia

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Sociocultural A Pomba do Arco impulsa mañá, ás 20.30 horas no centro social A Saira de Nois, unha conferencia do estudoso local Antonio Sixto sobre ‘A propiedade da terra en Nois‘. O presidente da agrupación, Xosé Ramón Fernández Pacios, presentará o evento.

Sixto fará un percorrido polo réxime de propiedade na parroquia dende o século XV ata a actualidade. O investigador tamén analizará a función tradicional do monte, en comparanza co seu papel na actualidade, e explicará con cartografía a orixe das diversas parcelas ata chegar aos seus donos actuais. Así, os presentes poderán coñecer como se artellou o núcleo de poboación de Nois en función das necesidades da produción agraria. “Un caso significativo é o emprazamento tradicional das vivendas, situadas á beira do camiño e no espazo onde a terra era menos produtivo”, indica o estudoso.

o relatorio percorrerá desde o século xv á actualidade

Ao final da charla, os asistentes serán conscientes dos “esforzos que tiveron que facer os veciños e veciñas de Nois para acceder á propiedade da terra, moitos dos cales tiveron que emigrar para redimir os foros das parcelas nas que traballaban”, indica o conferenciante.

O SÁBADO, ACTIVIDADE PARA NENOS

O sábado 26, desde ás 12.00 horas en fronte ao Cenima, A Pomba do Arco impulsa -en colaboración coa Mesa Pola Normalización Lingüística– unha actividade para nenos. Os pequenos pintarán un póster xigante realizado por Miguel Cuba Taboada, que representa a referentes do mundo das letras, como Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, María Victoria Moreno, Manuel María ou Begoña Caamaño. Os escritores da bisbarra tamén terán presenza, coa figura de Álvaro Cunqueiro ou de Antón Vilar Ponte.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...