InicioCentralO ValadouroO Valadouro cede á Asociación Ecuestre Cabaleiros do Ouro a Pista de...

O Valadouro cede á Asociación Ecuestre Cabaleiros do Ouro a Pista de Andadura

Esta pista de andadura que no seu día foi a primeira construída en Galicia volverá a recuperar o seu esplendor albergando múltiples eventos con actividades de ocio relacionadas co mundo ecuestre e o medio ambiente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello do Valadouro e a Asociación Ecuestre Cabaleiros do Ouro asinaron o convenio para a cesión a dita asociación da Pista de Andadura, situada na zona dotacional do concello a carón do Campo de Fútbol. Ao acto de sinatura asisitiron o tenente alcalde Eduardo Chao, o concelleiro de Deportes Eliseo Teijeiro e o presidente da Asociacion, Miguel González Martínez. “A posta en funcionamento desta infraestrutura construída hai dez anos e que por diversas circunstancias caera en desuso nos últimos tempos, deste xeito, e coa colaboracion de Cabaleiros do Ouro, colle valor outra vez e volverá a ser un referente no deporte ecuestre na Mariña e en Galicia” manifestou o concelleiro de deportes, o nacionalista Eliseo Teijeiro.

Esta pista de andadura que no seu día foi a primeira construída en Galicia volverá a recuperar o seu esplendor albergando múltiples eventos con actividades de ocio relacionadas co mundo ecuestre e o medio ambiente. Neste sentido tamén se pronunciaron o presidente da Asociación Miguel González e o tenente alcalde Eduardo Chao quen recordou tamén que a posta en funcionamento da pista era un dos puntos do programa da súa formación política, o BNG, nas últimas eleccións municipais.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...