InicioCentralO ValadouroEl Valle de Ouro: Cando os emigrantes da Habana trouxeron a educación...

El Valle de Ouro: Cando os emigrantes da Habana trouxeron a educación ao Valadouro e Alfoz

"Os irmáns de América: As pegadas da emigración do Valadouro na Habana", de Prudencio Viveiro Mogo, tentar reconstruír as grandes achegas que os emigrantes fixeron aos concellos do Valadouro e Alfoz.

Publicada o

- Advertisement -

En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Oro . O obxectivo principal desta entidade era edificar escolas e mellorar a intrucción nos concellos de Alfoz e O Valadouro .

Portada do libro de Prudencio Viveiro “Os irmáns de América”, sobre a emigración de veciños do Valadouro e Alfoz a Cuba

Entre 1921 e 1933 esta sociedade inagurou catro edificios escolares , axudando tamén economicamente á construcción doutras escolas e á dotación das mesmas . Non obstante , ademais do obxectivo escolar , outras foron as angueiras de El Valle de Oro : a mellora das igrexas e a axuda ao agro estiveron tamén entre as súas misións.

Parte desa historia é a que tenta recuperar Prudencio Viveiro Mogo en “Os irmáns de América: As pegadas da emigración do Valadouro na Habana”, un libro publicado por Edicións Laiovento. A partir, principalmente, de artigos de prensa, Viveiro Mogo reconstúe o que aconteceu nas primeiras décadas do século XX nesta zona da Mariña.

De feito, o fenómeno migratorio era a paisaxe cotiá de Galicia. Neste traballo, con todo, o autor, tenta afastarse da imaxe negativa que aínda hai da emigración para considerala – a través do caso do Valadouro – como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para o país , axudando á súa modernización e mesmo á súa construcción dunha identidade.

 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...