OConcello do Valadouro. Xa ten oficina de Turismo. Estará situada na Casa da Cultura e abrirase o vindeiro 15 de xullo. As instalacións permanecerán abertas durante todo o ano.
Deste xeito, o Concello de Valadouro pretende achegar o servizo de información turísitica a todos os visitanes que se acheguen ao concello para coñecer os principais recursos, realizar rutas de sendeirismo ou interesarse pola variedade en restauración e aloxamento, eventos ou festas que se realicen.
O Valadouro conta con numerosos recursos naturais como culturais para visitar como pode ser o Pozo da Onza, A Fervenza da Torez ou o Dolme de Santo Tomé. Tamén se pode visitar o Museo do Mel para coñcecer o proceso de elaboración deste produto a través de diversas ferramentas e materiais.