InicioCentralA Deputación potenciará con fondos europeos cinco concellos do Xistral

A Deputación potenciará con fondos europeos cinco concellos do Xistral

A USC e a UDC colaboran nun proxecto quinquenal para combater o despoboamento

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo, en colaboración coa Universidade de Santiago (USC) e coa Universidade de A Coruña (UDC), impulsa o proxecto ‘Life in Common Land’, consistente en “medidas para garantir un desenvolvemento sustentable” na Serra do Xistral, co obxectivo de conseguir a máxima rendibilidade neste espazo, que ten a catalogación de Rede Natura 2000 e de Reserva da Biosfera Terras do Miño

A iniciativa ten unha duración de cinco anos. O investimento no proxecto é de dous millóns de euros, financiados nun 70 por cento por fondos europeos (1,4 millóns), 212.000 euros da Deputación Provincial de Lugo, 198.000 da USC e 100.000 da UDC.

O PLAN AFECTARÁ A 5.000 HECTÁREAS

‘Life in Common Land’ vaise desenvolver nun espazo de 5.000 hectáreas na Serra do Xistral, nos concellos de Abadín, Muras, Ourol, Valadouro e Viveiro. Esta zona, dentro de Rede Natura, ten “restriccións de uso e aproveitamento do territorio, impostas pola normativa vixente”. A intención é demostrar que esta especial protección “é compatible co desenvolvemento social”. O proxecto contará coa participación directa dos propietarios e usuarios dos montes veciñais.

Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo, resaltou que se buscarán medidas “que garantan un desenvolvemento sustentable da zona e redunden na mellora da produción gandeira e forestal, na axilización de trámites e aspectos administrativos e tamén na conservación do rural, proporcionando un maior número de oportunidades”.

OS PROPIETARIOS, PARTE ACTIVA

Os encargados de executar estas medidas serán os usuarios e propietarios, que recibirán compensacións económicas de acadar os obxectivos marcados. Campos subliñou que este modelo aplícase noutros países europeos –Francia é un exemplo- para combater o despoboamento e conservar o medio ambiente.

Asistiron tamén ao acto Andrés Barreiro Lois, vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo da USC; Horacio Naveira Fachal, o adxunto ao vicerreitor de Política Científica da UDC; e o deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...