No pleno celebrado esta pasada noite pola corporación municipal do Concello de O Valadouro tratouse a problemática que atravesa o Centro de Saúde da localidade, donde a ausencia de médicos é algo habitual e continuado nos últimos anos, e a situación a dia de hoxe lonxe de mellorar, empeora. Foi o grupo municipal do BNG quen presentou neste pleno a moción na que se instaba ao Concello de O Valadouro a esixir do Sergas a cobertura inmediata das dúas prazas de médic@s que lle corresponden ao centro de saúde local. O portavoz nacionalista Eduardo Chao recordou que “despois das mobilizacións da veciñanza nos últimos anos, e despois de que o BNG levara o tema ao Parlamento, concretamente en abril de 2024, as prazas foran cubertas provisionalmente, pero foi algo efímero e coxuntural, algo para sair do paso ante as protestas veciñais pola situación e ante as reclamacións do BNG no Parlamento, en definitiva, foi un parche, polo que é preciso que os representantes dos veciños e veciñas do Valadouro nos pronunciemos claramente esixíndolle á Conselleria de Sanidade e ao Sergas a cobertura ao cen por cen das dúas prazas que lle corresponden ao Valadouro”
A moción do BNG contou co apoio de todos os grupos políticos
Despois do debate da moción, a votación foi unánime a favor da proposta nacionalista. Chao agradece “a boa disposición de todos os grupos para esixir o que legalmente nos corresponde, que non é nin mais nin menos que os nosos dereitos como cidadáns nun tema tan importante como é a sanidade, porque coa nosa saúde non se xoga”. Eduardo Chao afirmou tamén que irán donde sexa preciso para conseguir o obxectivo plasmado na moción aprobada e farán seguimento do cumprimento deste acordo unánime que agora lle corresponde ao alcalde e ao grupo de goberno xestionar.
OUTROS TEMAS TRATADOS NO PLENO
Fíxeronse as festas na Praza de Santa María sen estar rematada nin recepcionada a obra por parte do Concello. Neste pleno o BNG tamén pediu explicacións ao alcalde pólo acontecido coa remodelación da Praza de Santa María, unha obra orzamentada em 220.000€ e dos que o concello tivo que poñer 66.000€ o 30% do total, pois a Xunta só asumíu o 70% restante. Esta obra, tivo problemas na súa execución e incluso recentemente coa choiva se produciron inundacións en locais comerciais da contorna.
Eduardo Chao preguntou ao alcalde como se fixeran as festas na Praza sen estar a obra rematada nin recepcionada pólo concello, respondendo o alcalde que fora cunha autorizacion provisional, insistíndolle Chao que eso fora unha temeridade por parte da alcaldía, pois puideran haberse producido danos irreversibles na obra.
