Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, levarán ao Senado unha iniciativa para que o Goberno de España licite, adxudique e inicie a rehabilitación e mejoral do Cuartel da Garda Civil de Ferreira do Valadouro este ano.
Tal e como trasladou o PP nunha nota de prensa, Balseiro presentou a iniciativa xunto ao alcalde, José Manuel Lamela, para reclamar a mellora do cuartel, como teñen acordado de forma unánime no Pleno da Corporación do Valadouro e tamén en Alfoz.
Desta forma, a proposta dos populares inclúe actuacións nestas instalacións “conforme ao proxecto técnico que acredita a necesidade de reparación do patio interior e de adecuación dos accesos a todos os edificios, cunha valoración estimada de 190.000 euros, así como acometer cantas obras de reparación considérense oportunas, e dotar ao cuartel dos medios e persoal suficiente”.
Neste sentido, a proposta busca “darlle un mandato claro ao Goberno central” ante “os numerosos cambios de criterios, múltiples contradicións e, sobre todo, a ausencia de prazos e datas concretas para executar os compromisos adquiridos hai meses”.
“O que queremos é que se executen dunha vez por todas as necesarias obras de mellora no cuartel de Ferreira do Valadouro co orzamento que sexa preciso para garantir a súa funcionalidade na actividade de servizo aos veciños e ofrecer unhas óptimas condicións nas vivendas dos axentes”, concluíron.
