InicioCentralO ValadouroO BNG da Mariña denuncia a falta de médicos no Valadouro

O BNG da Mariña denuncia a falta de médicos no Valadouro

Desde o BNG local esixen a cobertura das prazas e anuncian que levarán o tema tamén ao vindeiro pleno parlamentario e non descartan facer novas mobilizaciós se estas dúas prazas non son cubertas de xeito imediato

Publicada o

- Advertisement -

O BNG da Mariña sinala que unha vez máis “as veciñas e veciños de O Valadouro atopáronse esta semana coa desagradable sorpresa de que están de novo sen médicos no centro de saúde da localidade, ao igual que acontecera en abril de 2024”.

Os nacionalistas recordan tamén que esta problemática fora levada o 17 de abril de 2024 ao Parlamento por medio do deputado Daniel Castro. Dada a pouco convincente resposta que nos deran xa se prevía que a solución ía ser un parche, como está acontecendo na maioria dos centros de saúde da Mariña e do país que sufren a mesma problemática” afirma o parlamentario. Castro tamén se referiu á gravidade deste caso recordando que xa daquela denunciaran que “a situación non era algo puntual ou accidental, pois a cuestión derivaba de dúas xubilacións previsibles”.

Cobertura imediata das prazas

Desde o BNG local esixen a cobertura das prazas e anuncian que levarán o tema tamén ao vindeiro pleno e non descartan facer novas mobilizaciós se estas dúas prazas non son cubertas de xeito imediato. Non imos permitir que o PP deixe ao Valadouro sen médicos” afirma o portavoz municipal Eduardo Chao.

O Valadouro tén dous senadores, pero faltan dous médicos e dous carteiros

Esta situación precária da Atención Primaria no Valadouro súmase ao acontecido tamén recentemente no servizo de Correos da oficina de Ferreira, que abarca tamén Alfoz e donde faltan dous carteiros ao non cubrirse tampouco unha xubilación e unha baixa. Neste sentido, Chao manifestou tamén que “sendo esta cuestión moi seria e grave non deixa de ser sarcástico e unha cruel ironia que no Valadouro falten dous médicos e dous carteiros pero que pola contra haxa dous senadores, tal como afirmara un veciño noso cando as mobilizacións de hai dous anos”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...