InicioCentralO ValadouroO BNG quere que o Goberno central tome "medidas urxentes" para mellorar...

O BNG quere que o Goberno central tome “medidas urxentes” para mellorar o servizo de Correos no Valadouro

O BNG reclamou ao Goberno central "medidas urxentes" para garantir un servizo de Correos de "calidade e adecuado" ás necesidades do concello do Valadouro.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG reclamou ao Goberno central “medidas urxentes” para garantir un servizo de Correos de “calidade e adecuado” ás necesidades do concello do Valadouro.

Para iso, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou o rexistro de iniciativas para que o Executivo central actúe ante a situación de “deterioración” do servizo postal.

Nun comunicado, Rego sinalou que a “redución continuada” de persoal e de medidas na oficina de Correos do Valadouro provoca “atrasos na repartición e dificultades crecentes” para os veciños.

“Defendemos manter Correos como servizo postal universal de carácter público, con presenza efectiva no territorio e cunha atención digna á cidadanía”, afirmou Rego.

Neste sentido, esixiu ao Goberno central “dar marcha atrás” aos plans de “desmantelar o servizo” e insistiu en que o “abandono institucional do rural” ten “consecuencias directas na vida diaria das persoas”.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...