InicioCentralO ValadouroXXXV Mostra Folclórica do Valadouro

XXXV Mostra Folclórica do Valadouro

Se as condicións meteorolóxicas fosen adversas ese día, o evento trasladarase a Casa da Cultura.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Amado Lar organiza, coa colaboración do Concello do Valadouro, a XXXV Mostra Folclórica como xa vén sendo habitual a fin de semana antes das Festas do Oito.

A cita será o domingo trinta e un de agosto ás 19:00h na Praza de Santa María do Valadouro. 

Á parte do grupo anfitrión, este ano estará acompañándoo a A. F. O Arco da Vella de San Miguel de Reinante.

Haberá sorpresas, en decembro cumpren 40 anos e durante a mostra farán un pequeno acto conmemorativo.

Tamén efectuarán o sorteo de dous décimos de lotaría de Nadal e unha pandeireta.

As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación.

Se as condicións meteorolóxicas fosen adversas ese día, o evento trasladarase a Casa da Cultura.

A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde – noite de música e baile tradicionais

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...