Con motivo do pasamento de Manuel Lourenzo a corporación municipal do Valadouro decretou tres días de loito oficial con bandeiras a media asta e unha homenaxe que se rendiu hoxe ás 14:30h. na Casa do Concello coa meirande parte das corporacións municipais do Valadouro e Alfoz (onde contaba cunha segunda residencia) e na que se explicaron os motivos do Decreto e se fixo lectura ó menifesto do concello da man de Lionel Rexes (escritor e íntimo amigo de Manuel Lourenzo) e no que tamén Ramón Reimunde fixo a súa pequena homenaxe coa lectura dun traballo recente de Manolo.
A este acto asistíu numeroso público que provocou que o salón de plenos se quedase pequeno e rematou cun minuto de silencio na Memoria de Manuel Lourenzo Pérez, “Fillo Predilecto” do Valadouro.
