InicioCentralO ValadouroPresentación da IV Edición de Contos do Valadouro na Casa da Cultura

Presentación da IV Edición de Contos do Valadouro na Casa da Cultura

Publicada o

- Advertisement -

O próximo venres, 1 de agosto, ás oito da tarde na Casa da Cultura do Concello do Valadouro, terá lugar a presentación do libro “Contos do Valadouro” de Xesús Pisón, Manuel Lourenzo e Isaac Ferreira, na súa cuarta edición.

Os “Contos do Valadouro” son unha colección de contos e lendas populares, en total 350 relatos, recollidos polos autores ao longo dos anos nos concellos de Valadouro e Alfoz de Castrodouro.

Esta obra ten a peculiaridade de ser a colección de literatura popular máis extensa das publicadas en Galicia e figura nun rexistro da Universidade de Helsinki (Finlandia).

O libro será presentado por un dos autores, Xesús Pisón, acompañado do novelista Lionel Rexes e o músico Mano Panforreteiro.

ÚLTIMAS