InicioCentralO ValadouroO Valadouro presenta a súa programación de Nadal

O Valadouro presenta a súa programación de Nadal

Publicada o

- Advertisement -

Aproveitando o tempo de lecer do Nadal, a Concellería de Cultura presenta unha gran variedade de obradoiros e actividades para que os nenos e nenas e as familias poidan disfrutar destes días.

Os obradoiros destinados a nenos e nenas son todos en horarios de mañá e precisan inscrición previa que pode ser, tanto na Casa da Cultura como nas oficinas xerais do Concello do 11 ao 18 de decembro. Lembrar que hai prazas limitadas.

O luns, 23 de decembro, comenzamos con un obradoiro onde os máis pequenos poderán elaborar diferentes adornos de Nadal. (10:30-13:30 horas)

O xoves, 26 de decembro teremos un Obradoiro de robótica creativa onde se amosaran distintos robots e os rapaces poderán xogar con eles, construirán un circuito eléctrico, farán figuras de luz…(11:00 a 13:00 horas)

O venres día 27 de decembro, Obradoiro “Fai o teu boneco bocón” que consiste na construción de marionetas de cartón onde as marionetas poden ser creadas das máis variadas formas e técnicas. Neste obradoiro transformarán simples pedazos de cartón, en personaxes diversas, capaces de contar historias incríbles.

O luns, 30 de decembro será a quenda da cociña, polo que haberá un obradoiro onde nenos e nenas elaborarán diferentes receitas de Nadal. (10:30 a 13:30 horas)

O xoves, 2 de xaneiro haberá un pequeno obradoiro de maxia onde os rapaces aprenderán e practicarán diferentes trucos para sorprender a toda a familia! (11:00 a 12:00 horas).

O venres 3 de xaneiro remataremos cunha ximcana deportiva onde se realizarán diferentes e divertidísimos xogos, brilé, tiro a corda, fútbol, baloncesto e moitos máis (10.30 a 13:30 horas).

Tamén contaremos con actividades de tarde destinadas a público infantil e familiar:

O luns, 23 de decembro:

Representación teatral a cargo de Trémola Teatro “En busca de Papá Noel”

17:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura

O venres, 27 de decembro:

Proxección da película “Teddy. La Magia de la Navidad” (2022)

17:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura

O luns, 30 de decembro:

“Monstrólogo” de Trécola Producións.

Unha comedia teatral con monicreques, moita risa e moito “monstro”. Despois da función haberá pintacaras para as persoas asistentes.

17:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura

O venres 3 de xaneiro:

“Concerto de Nadal” a cargo da Banda de música Mestre López-O Valadouro

17:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...