InicioCentralO ValadouroO BNG envía comunicado sobre a renuncia de Fernández á alcaldía do...

O BNG envía comunicado sobre a renuncia de Fernández á alcaldía do Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

A decisión da até hoxe alcaldesa María José Fernández de romper o goberno e cederlle a alcaldía do Valadouro ao Partido Popular é algo que desde o BNG consideran fóra de toda lóxica e de toda ética. O BNG despois das eleccións municipais de 2023  traballou para construir un goberno de progreso no concello, e efectivamente conseguíuno a través dun pacto co Psoe e  con Udival. E nese goberno tripartito o BNG puxo todo o necesario tanto a nivel humano como a nivel de xestión e de  recursos para mellorar a vida da veciñanza do Valadouro, demostrándoo no traballo diario nas concellarías de Medio Rural, xestionando brigadas de incendios, pistas forestais, ou desde a concellaría de Cultura dinamizando o Valadouro, organizando eventos tan importantes com as feiras de razas autóctonas, os mercados, festas populares, potenciando a escola de música, etc., concellarías estas  que estiveron baixo a dirección de Eduardo Chao. E outro tanto desde a concellería de Educación, Conciliación, Deporte e Obras, donde coa labor contínua de Eliseo Teijeiro conseguíuse mellorar moitas infraestruturas e conseguir outras novas coma a  grada do campo de fútbol, pista de pádel e ademais de dar un impulso á dinamización social no concello con numerosas actividades.

O Partido Popular, sempre con artimañas e pola porta de atrás

 “É unha mágoa que a decisión da ata hoxe alcaldesa sirva para poñer na alcaldía ao Partido Popular e rachar co goberno de progreso que confeccionáramos para o Valadouro”  afirmou Eduardo Chao que engadíu tamén que “resulta curioso que hoxe María José Fernández vaia poñer de alcalde á persoa que ela mesma  co seu voto botou da alcaldía na moción de censura de 2013”. “E  neste caso, como dice un vello refrán: Cando a esmola é tan grande, ata o santo desconfía” rematou decindo e afirmando que “máis cedo ca tarde saberemos a que xogou aquí cada quen e como xogou, pero de momento o que sabemos e agora se confirma unha vez máis  é que o PP sempre recurre ao xogo sucio sen a máis mínima elegancia nin o máis mínimo rubor. Ese partido que nos deixa sen médicos, é agasallado agora  por Udival coa alcaldía”

O BNG seguirá traballando para recuperar e liderar un goberno de progreso en beneficio do Valadouro

Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro e toda a asemblea local do BNG  quixeron tamén enviar unha mensaxe a toda a cidadanía amosando a súa disposición a seguir traballando en beneficio do Valadouro e participando e colaborando tamén con toda a veciñanza e colectivos, desde as súas posibilidades e responsablilidades que agora xa non son de goberno. Neste sentido afirmaron tamén que o seu obxectivo é recuperar e liderar un goberno de progreso e “neste proxecto tenen cabida todas e todos os veciños do Valadouro que coma nós acreditan na defensa do interés público”.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

Viveiro comeza a reparación dos contedores soterrados no concello

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro e a Concellería de Medioambiente dan comezo á...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...