O Valadouro celebrou este pasado sábado 17 de agosto o II Día da Bicicleta programado pola Concellería de Deportes do Concello do Valadouro, dirixida por Eliseo Teijeiro.
Cunha climatoxia que finalmente permitiu o bon desenvolvemento da proba, produciuse a saía de maiores, pequenos e familias veciñas e visitantes do concello que nesta edición superou todas as expectativas, reunindo a máis de 70 inscritos.
Esta ruta de 14 km, sinxela e adaptada a este formato deseñado pola concellería, tivo o seu descanso e fornecemento no entorno da Capela da Casela en Santa Cruz para culminar este evento deportivo coa entrada en Ferreira.
Alí fronte ao Antigo Matadoiro, sorteáronse cinco vales de 60 € entre os inscritos para compra de material deportivo en Cerezo Bikes.