InicioCentralO ValadouroVeciños do Valadouro reclaman a cobertura de dúas prazas médicas no seu...

Veciños do Valadouro reclaman a cobertura de dúas prazas médicas no seu concello

Publicada o

- Advertisement -

Veciños do municipio lucense do Valadouro uníronse este sábado á concentración convocada fronte ao centro de saúde da localidade pola Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña para demandar a cobertura das dúas prazas de facultativos que aseguran levan sen cubrirse “desde hai meses”.

Tal e como explicou a portavoz, Montse Porteiro, tras a xubilación dos dous médicos do Valadouro estas prazas “estiveron sen substituír” e foron cubertas “algún día da semana por algún médico que pasaba consulta durante catro horas”.

Esta situación, afirmou, “desbordou a lista de espera” para acudir ao centro de saúde, á vez que “produciu preocupación e indignación na poboación”.

Por iso, tras o anuncio do conselleiro de Sanidade esta semana de que se ían a cubrir as dúas prazas, a Plataforma trasladou que están “fartos de anuncios baleiros” e defenderon que mentres non se cubran estas prazas “de maneira estable e continuada, todos os días e durante toda a quenda” non deixarán “de loitar”.

“Pero se é verdade a noticia anunciada polo conselleiro, sería unha moi boa noticia tanto para o pobo do Valadouro como para a comarca en xeral”, sinalou Montse Porteiro.

No pleno desta semana, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Daniel Castro, que solicitou información sobre as dúas vacantes deste centro de saúde, afirmou que o Sergas cubrirá con dous facultativos estas prazas.

A primeira delas será a principios de xullo cun médico de familia a tempo completo. Esa praza, ademais, incluirase na convocatoria que a Xunta fará este ano en virtude da lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura.

Ademais, tamén no verán, un dos médicos residentes que se están formando na Mariña axudará no centro de saúde do Valadouro para cubrir a segunda praza vacante.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...