InicioCentralO ValadouroO Valadouro presenta a programación para o Día das Letras Galegas

O Valadouro presenta a programación para o Día das Letras Galegas

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación deste 17 de maio coa lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 e a figura de Rosalía de Castro. Este acto será levado a escea por Trémola Teatro a partires das 20:00 horas na Casa da Cultura.

De seguido no mesmo escenario, será o momento do recital “Cantando as nosas letras” a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores/as homenaxeados/as nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán. Tamén están presentes outras/os autoras/es das nosas letras como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa.

Animádevos a asistir á esta Casa da Cultura, o venres 17 de maio ás 8 da tarde e formar parte desta festa das letras galegas.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...