InicioCentralO ValadouroConcentración no Valadouro reclamando a cobertura das prazas médicas

Concentración no Valadouro reclamando a cobertura das prazas médicas

Publicada o

- Advertisement -

Unha concentración de 500 persoas segundo a Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña, concentráronse este domindo 14 de abril ao medio día diante do centro de saúde do Valadouro.

O motivo é que este centro leva meses funcionando ao 50% debido á xubilación dun dos profesionais e cuxa praza non foi cuberta polo SERGAS. Ademais, a outra profesional tamén está ausente e tampouco se cubriu a súa praza.

Desta maneira, O Valadouro leva xa tempo sen médicos no seu centro de saúde e por iso reclaman ao SERGAS a cobertura das prazas que lle corresponden a este concello. Polo de agora as persoas que necesitan ser atendidas son derivadas ao centro de saúde de Alfoz onde reciben citas por atención telefónica e en caso de gravidade, son derivados ao PAC de Burela.

ÚLTIMAS

Alcoa analiza ofertas non vinculantes de posibles compradores

Alcoa atópase analizando ofertas non vinculantes de "potenciais interesados" recibidas polo complexo de San...

‘El Pequeño Nicolás’, absolto do delito de usurpación de funcións e suborno durante a súa viaxe a Ribadeo en 2014

O Tribunal Supremo (TS) acordou absolver a Francisco Nicolás Gómez Iglesias, coñecido como 'El Pequeño Nicolás',...

Remolcan ata Burela un veleiro francés con dous tripulantes

Un veleiro francés, 'Bleiz Ar Mor', con dous tripulantes a bordo, foi remolcado este...

O Concello de Foz envía un comunicado sobre a prestación do servizo da residencia

O Concello de Foz envía un comunicado de prensa sobre a prestación dos servizos...