InicioCentralO ValadouroInvestimentos da Deputación de Lugo en deportes no Concello do Valadouro

Investimentos da Deputación de Lugo en deportes no Concello do Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

O Vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable de Deportes Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García visitaron o campo de fútbol do Árbol,  onde a Concellería de Deportes do Valadouro realizou diferentes melloras co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Acompañados polo tenente alcalde do Valadouro, Eduardo Chao, e polo concelleiro de Deportes, Eliseo Teijeiro, comprobaron as actuacións que se desenvolveron nos últimos meses, para mellorar a confortabilidade e a seguridade do campo de herba artificial,  empregado polos equipos das categorías de base da Asociación Deportiva Río Ouro, que concentra boa parte  da actividade deportiva no concello.

A obra principal foi a instalación dunha grada cuberta nun dos laterais do campo, para albergar ás familias e persoas afeccionadas que se achegan aos partidos e os adestramentos. Ademais, colocáronse dous banquiños de 8 prazas e  redes de protección no perímetro do recinto -a carón da LU-152 –, e repuxéronse as cantoneiras de madeira que protexen o bordo das beirarrúas que rodean o campo. Tamén se renovou o alumeado coa instalación de novos focos máis eficientes e con maior intensidade lumínica.

Eliseo Teijeiro explicou que “as melloras se foron realizando de forma progresiva, desde a instalación da grada ata a renovación do alumeado, cun investimento total de 112.000 euros para o que contamos coa colaboración da ára de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo” e remarcou que “para nós é unha prioridade que as nenas e nenos do municipio, e a veciñanza en xeral, poidan divertirse e practicar deporte nas mellores condicións posibles, polo que seguiremos modernizando e adaptando o recinto ás súas necesidades ”.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro destacou que “unhas infraestruturas seguras e que respondan as necesidades dos usuarios e usuarias facilitan a práctica do deporte, sobre todo nas categorías de base” e lembrou “que este tipo de investimentos en colaboración cos concellos complementan o apoio que desde a Vicepresidencia da Deputación se presta ao tecido deportivo de base e afeccionado, sobre todo a través das subvencións de concorrencia competitiva destinadas ao gastos de actividade dos clubs e entidades deportivas”.

ÚLTIMAS

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...