InicioCentralMondoñedoMondoñedo contará con servizo de Fisioterapia

Mondoñedo contará con servizo de Fisioterapia

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anuncia que finalizou as obras que permitiron habilitar un espazo de Fisioterapia no centro de saúde de Mondoñedo.  A isto súmanse outros traballos para reformar e mellorar o centro de saúde da localidade, entre eles, a substitución da cuberta do edificio sanitario.

O propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou o centro para comprobar os resultados dunhas obras que recibiron un investimento total que roldou os 130.000 euros.

Na visita tamén estiveron o alcalde e a tenente de alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero e Elena Candia; do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz; e do xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares.

No que respecta á área de fisioterapia, as obras supuxeron un investimento de algo máis de 65.000 euros. As actuacións levadas a cabo implicaron a construción dunha sala de exercicios con tres boxes de tratamentos para electroterapia, microondas e ondas de choque, e o resto da sala para a localización de dúas padiolas de tratamentos, dous ergómetros, unha mesa de mans, unhas espalderas, paralelas e escaleira con rampla, entre outro material para a realización de terapias físicas e tratamentos.

A nova zona de fisioterapia tamén conta con dous aseos adaptados con vestiario que constan de seis cabinas cada un. En canto ao cambio de cuberta, investíronse máis de 64.000 euros para corrixir as patoloxías detectadas e a deterioración ocasionada polo paso do tempo nesa zona do edificio, e mellorar así o seu impermeabilidad e illamento.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...