InicioCentralMondoñedoA néboa volve complicar a circulación no alto do Fiouco por segundo...

A néboa volve complicar a circulación no alto do Fiouco por segundo día consecutivo

Hai problemas desde as 04.00 horas da madrugada deste 23 de xuño.

Publicada o

- Advertisement -

A velocidade máxima de circulación pola Autovía do Cantábrico (A-8) volveu a quedar limitada leste este mércores, por segundo día consecutivo, a 60 quilómetros por hora entre os municipios de Mondoñedo e Abadín, como consecuencia dos densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos propios usuarios.

O nivel de servizo vermello quedou establecido no Alto do Fiouco, entre os quilómetros 536 e 552, ás 04:02 horas deste mércores -día 23 de xuño-, como consecuencia da “visibilidade reducida” nese tramo de autovía.

Aos condutores que transitan por ese tramo avísaselles da limitación mediante os correspondentes paneis luminosos. Os problemas coa néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recorrentes e, de feito, está en marcha un proxecto de Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a instalación de prototipos sobre o terreo que permitan avanzar en solucións alternativas para superar esta situación.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...