InicioCentralMondoñedoMáis de 250.000€ para reformar a praza da Catedral de Mondoñedo

Máis de 250.000€ para reformar a praza da Catedral de Mondoñedo

O Concello confía en mellorar a imaxe do céntrico emprazamento.

Publicada o

- Advertisement -

Novo paso adiante para reformar a parza da Catedral de Mondoñedo. O Concello de Mondoñedo vén anunciar que o pasado 14 de abril enviou ao Goberno central o seu proxecto de reforma do emblemático espazo, envío que se produciu unha vez chegado a un consenso “cos distintos actores sociais” implicados na mellora do céntrico punto.

O documento final, apuntan dende o Concello, recolle a proposta de execución daquelas actuacións que espertan unha aceptación “unánime”; mentres que aquelas que non a teñen foron adaptadas ou rexeitadas. O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que tiña confirmada unha aportación de 194.054 euros a cargo do 1% cultural; e aos cales se sumarán os 64.684 euros do Concello.

Dende o consistorio subliñan que estes traballos que serán levados a cabo “nun momento sensible derivado da crise sanitaria e tamén económica” e que, en consecuencia, suporán “un gran impacto económico positivo” na vila. Engaden, á parte, que implicará “unha considerable mellora na imaxe dunha das prazas máis emblemáticas de Mondoñedo”.

 

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...