InicioM.ambiente e PatrimonioO Concello de Mondoñedo impermeabilizará 400 nichos do cemiterio novo

O Concello de Mondoñedo impermeabilizará 400 nichos do cemiterio novo

O goberno local gastará na obra algo máis de 130.000 euros e agarda que estea lista no último trimestre do ano

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo investirá algo máis de 130.000 euros nas obras de impermeabilización e mellora da imaxe exterior do cemiterio novo de Vilaverde. O goberno local recubrirá un total de 400 nichos para facer fronte ás filtracións de auga que afectan a instalación. 

150 BENEFICIADOS

O goberno local calcula que esta obra beneficiará a uns 150 titulares que teñen un ou varios nichos en propiedade. As actuacións incluirán a revisión do tellado do resto dos sepulcros, para arranxalos se é preciso. Tamén se farán actuacións previas de limpeza da fachada, retirada de cerámicas, saneado de gretas e repicado de enfoscados nos muros.

Ademais, intervirase no pechamento exterior a través do seu revestimento con cemento impermeable á auga da choiva; rehabilitaranse os tellados, colocaranse cazoletas e baixantes na cuberta axardinada e aplicarase pintura e revestimento de poliuretano no acabado exterior.

FONDOS DA XUNTA

O Concello quitará a obra a licitación a vindeira semana, e prevé executar as actuacións no último trimestre deste ano. Este proxecto enmárcase dentro dun programa de axudas da Xunta de Galicia para mellorar ou rehabilitar recursos turísticos relacionados co Camiño de Santiago. 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...