InicioCentralO Goberno proba balizas intelixentes na A-8 no Fiouco

O Goberno proba balizas intelixentes na A-8 no Fiouco

Os sinais constan de dous tipos de iluminación para favorecer o tráfico en situacións de néboa mesta

Publicada o

- Advertisement -

O delegado de Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentou en Mondoñedo un proxecto en período de probas que ten o obxectivo de mellorar o tráfico na Autovía do Cantábrico, a A-8, ao seu paso polo alto do Fiouco. Trátase dun novo sistema de balizas intelixentes en climatoloxía adversa (BICA), que axudará á conducción nese tramo con néboa densa.

Os cortes e regulacións da circulación e os problemas de seguridade vial -entre eles, unha colisión en cadea no 2014 que se saldou cunha muller falecida e máis de 40 feridos- son habituais nese treito da autovía, que se sitúa entre os quilómetros 536 e 552 da A-8. Villanueva asegurou que, para rematar con esta situación, o Goberno central traballa desde 2015 nunha mellora consistente na instalación “dun sistema de iluminación composto de tecnoloxía de leds en ámbar e vermello”, que se aplicará sobre uns postes de 1,5 metros de altura.

Deste xeito, en situacións de néboa mesta, o elemento de advertencia activará a cor ámbar para indicar o trazado da autovía. Ademais, cando o sistema detecta un vehículo, ilumínase a parte vermella da baliza para informar ao conductor de que hai un turismo que o precede.

TREITO EXPERIMENTAL DE 500 METROS

O pasado mes de febreiro, o Goberno instalou o sistema nun treito experimental de 500 metros en ambos carrís en sentido crecente e baralla ampliar a súa implantación a un tramo de cinco quilómetros. 

Asistiron tamén á presentación o Director do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, Ramiro Martínez; a xefa provincial de Tráfico de Lugo, Paula Yubero; a coordinadora da Dirección General de Tráfico (DGT) en Galicia, María Victoria Gómez; o xefe do subsector de Tráfico de Lugo, José Miguel Martínez; o tenente coronel Francisco Javier Molano e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo. 

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...