InicioPolíticaAberto o prazo das axudas á instalación de empresas no parque de...

Aberto o prazo das axudas á instalación de empresas no parque de Mondoñedo

Os interesados optarán a un máximo de 25.500 euros e poderán facer as súas solicitudes ata o 21 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo abriu o prazo, con data límite do 21 de xullo, para que as firmas interesadas soliciten as axudas que o goberno local destinará a fomentar a implantación empresarial no parque industrial do municipio.

BASES

A Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras destas axudas, de carácter plurianual. O importe máximo por proxecto será de 25.500 euros. A consignación prevista para o 2018 é de 14.000 euros e o importe restante farase efectivo con cargo ao exercicio orzamentario de 2019.

Poderán solicitar as bonificacións todas aquelas pequenas ou medianas empresas que acrediten a compra dunha parcela no parque empresarial nas condicións estipuladas e que comecen a edificación nas mesmas cun prazo máximo de seis meses desde a data de outorgamento do permiso de obras. 

Os solicitantes poderán compatibilizar a axuda con outras subvencións, agás as concedidas polo Concello de Mondoñedo polo mesmo motivo. A concorrencia non é competitiva, é dicir, a concesión establecerase en función da orde de recepción das solicitudes. 

HORARIO

Os interesados poderán presentar as súas peticións no rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Aquí podes consultar as bases das subvencións. 0_2168_1

A CONCESIÓN DE SEIS PARCELAS, A SUBASTA

Suelo Empresarial del Atlántico vén de publicar unhas bases polas que se rexerá a concesión do dereito de superficie con opción de compra en seis das parcelas da súa propiedade no parque empresarial de Mondoñedo. Pódense presentar ofertas ata o 14 de setembro.

O prazo de vixencia do dereito de superficie é de 30 anos. Pasada a data, reverterán en Suelo Empresarial del Atlántico. Concédeselle ao superficiario un dereito de opción de compra gratuíto sobre a parcela durante os cinco primeiros anos, podendo prorrogarse durante outros cinco e descontarase o 40% das contías satisfeitas en concepto de canon.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...