InicioCentralMondoñedoO PSdeG de Mondoñedo denuncia que o vehículo de Protección Civil ten...

O PSdeG de Mondoñedo denuncia que o vehículo de Protección Civil ten varias irregularidades acumuladas

Os socialistas pedirán explicacións ao PP no próximo pleno tras constatar que o coche municipal leva desde maio sen ITV en vigor e que mesmo obtivo un resultado desfavorable na revisión do 12 de xuño.

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Mondoñedo denuncia que o vehículo de Protección Civil, financiado con impostos de toda a veciñanza, está a circular coa ITV caducada, tal e como puideron comprobar. Por este motivo, avanzan que solicitarán explicacións políticas ao PP na vindeira sesión plenaria. “Queremos saber por que non se pasou a revisión cando correspondía e, o máis grave, por que continúa circulando un vehículo municipal que non cumpre coa ITV en vigor”, sinalan.

Segundo explican, a ITV do coche caducou no mes de maio, como indica a pegatina do propio vehículo. O 12 de xuño acudiu á revisión, que resultou desfavorable. Ademais, lembran que o 13 de xuño a Xefatura de Tráfico requiriu o servizo de Protección Civil para asistir ao accidente de Maariz no que por desgracia faleceu unha peregrina, co fin de trasladar ao acompañante ata Lugo, pero o servizo de protección civil non acudiu. Por iso preguntámonos, “que utilidade ten un servizo de emerxencias se, por falta de control do goberno local, non pode cumprir a súa función cando é necesario”, preguntan. Porque o mais grave, é que a pesar de todo iso, o coche continuou circulando tanto desde a caducidade da ITV como tras o resultado desfavorable.

O PSOE destaca tamén que, no accidente de Maariz, o Concello optou por poñer un taxi á disposición do acompañante, “demostrando que existen alternativas seguras cando se actúa con responsabilidade”.

Dúas multas previas

Os socialistas lembran que este non é un caso illado. Xa denunciaran dúas multas previas relacionadas co mesmo vehículo: unha por exceso de velocidade e outra na que, segundo o PSOE, o concelleiro de Obras deu positivo nun control de alcoholemia mentres conducía o coche municipal. “Falamos dun patrón de descontrol e uso inadecuado dun recurso público, que o PP non só non corrixe, senón que parece asumir con total normalidade”, replican.

 

“O PP esquece as obrigas, pero non o uso social do vehículo”

Para o PSOE, resulta “chamativo” que o goberno local “esqueza” pasar a ITV e atender ás obrigas legais, pero non deixe de empregar o vehículo para outras actividades sociais. “Numerosos veciños e veciñas poden comprobar que o coche segue circulando, malia estar en situación irregular. Isto non é un despiste: é unha forma de gobernar”, denuncian.

Por todo isto, o PSdeG-PSOE de Mondoñedo esixe ao PP “transparencia, responsabilidade e o cumprimento estrito das obrigas legais en materia de seguridade viaria, especialmente cando se trata de vehículos destinados a servizos públicos e de emerxencia”.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...