InicioCentralMondoñedoArranxo da estación de buses e pistas municipais, reclamacións do PSOE de...

Arranxo da estación de buses e pistas municipais, reclamacións do PSOE de Mondoñedo ao Goberno local

Dende o PSdeG-PSOE de Mondoñedo, reclamaron na última sesión plenaria celebrada a finais de marzo a través de varios rogos, unha serie de peticións centradas na conservación do patrimonio local, o mantemento dos espazos públicos e a eficiencia na xestión dos servizos básicos do Concello

Publicada o

- Advertisement -

Os Socialistas de Mondoñedo emprazaron ao goberno do PP a adquirir dunha varredora mecánica para o concello. “Somos conscientes de que supón un investimento importante, pero é imprescindible para mellorar a imaxe das nosas rúas”, explicaron dende o grupo socialista. Dende o PSOE sinalan que esta compra “non só optimizaría os tempos de limpeza, senón que permitiría un aforro en persoal a longo prazo, permitindo que os operarios municipais poidan dedicarse a outras tarefas de mantemento igualmente necesarias en tódolos espazos públicos da cidade”.

 

Con anterioridade, o Concello adquiriu unha rasenteadora, e actualmente, aínda non sabemos onde esta ubicada, nin se foi utilizada algunha vez. “Entendemos que os recursos públicos deben de dar resposta ás demandas da veciñanza, e para os socialistas, a limpeza da nosa cidade é unha autentica prioridade”, remarcan.

 

O Grupo Socialista de Mondoñedo tamén instou ao Goberno do PP “a repoñer os bancos que foron retirados da Alameda dos Remedios. Xa que a Alameda é un espazo emblemático de convivencia e non se entende que se prive aos veciños e visitantes dun elemento tan básico para o desfrute deste entorno tan importante. Nesta mesma sesión plenaria informáronnos que se están arranxando”.

 

Situación da Estación de Autobuses

Os socialistas mindonienses instan ao PP local crear un grupo de traballo específico para abordar a situación da Estación de Autobuses. “Dende o PSdeG-PSOE de Mondoñedo propoñemos reunir a diferentes partes implicadas, organismos públicos, colectivos así como a veciñanza, para atopar solucións aos problemas de uso e mantemento lamentable que presenta esta infraestrutura. “É unha responsabilidade de todos coidar o noso patrimonio e garantir que as portas de entrada á nosa cidade ofrezan a mellor versión posible de Mondoñedo”, sinalaron. Sobre este asunto o PP explicou que ten sobre a mesa un orzamento para mellorar esta dotación.

Convenio cos artesáns dos Muíños

No apartado de interpelacións, preguntouse ao Goberno local pola situación na que se atopan e atopa a renovación do convenio cos artesáns dos Muíños. Sinalaron que están traballando nunha nova ordenanza municipal. Tamén nos interesamos polas melloras realizadas na Ponte de Arco en Masma, xa actualmente non se pode circular pola ponte. Explicaron que están pendentes de recibir informes de cómo está a situación dos pilares desta infraestrutura.  Sobre a Casa da Cultura, quixemos coñecer que previsión ten o equipo de goberno do PP para rematar as obras desta dotación municipal, que leva anos pechada. Dende o PP sinalaron que non teñen unha data exacta para rematar as obras, pero será “antes do verán”.

 

Parque eólico “Baro”

Outra pregunta que se realizou dende o PSdeG versou sobre a posible instalación do parque eólico “Baro” no Concello de Mondoñedo, un proxecto que xera moita inquedanza social. Aludiron que actualmente este proxecto atopase en tramitación previa, e que por parte do Concello de Mondoñedo “non se deu conformidade ao proxecto”.

 

Sobre o Plan Rexurbe, preguntaron sobre os informes e as obras que se están realizando no edificio situado enfronte da Praza de Abastos, “xa que a fachada orixinal —un singular entramado de madeira e adobe característico de Mondoñedo— desapareceu”. O Goberno Municipal argumentou que a fachada non tiña consistencia e non se podía conservar, “por iso houbo que retirala”. Por último, quixemos coñecer as previsións do Concello para arranxar as pistas de Argomoso e a estrada que une Maariz con Supena, vitais para os veciños. Sinalaron que están incluídas dentro do Plan Único da Deputación.

 

Dende os PSOE advirten que a falla de dilixencia do PP en cuestións fundamentais como o adecentamento dos espazos verdes ou a mellora das infraestruturas “non só prexudica á nosa estética urbana co falla de limpeza ou o mobiliario, senón que hipoteca o futuro de Mondoñedo ao manter pechadas ou en precario instalacións que son vitais para o dinamismo económico e social do concello”, replican os socialistas.

 

 

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...