InicioCentralMondoñedoFestas Patronais Remedios en Mondoñedo

Festas Patronais Remedios en Mondoñedo

A Novena dos Remedios, a Misa de Ofrenda e a solemne procesión do domingo ou a Misa de Cofrades do luns festivo marcarán os momentos máis destacados no plano relixioso.

Publicada o

- Advertisement -

A cidade de Mondoñedo prepárase para vivir con intensidade as súas festas patronais na honra da Nosa Señora dos Remedios, que se celebrarán do venres 12 ao luns 15 de setembro, combinando tradición relixiosa, música, cultura, deporte e actividades para todas as idades.

O programa inclúe catro xornadas cheas de eventos que unen o sentimento relixioso coa oferta lúdica e cultural. A Novena dos Remedios, a Misa de Ofrenda e a solemne procesión do domingo ou a Misa de Cofrades do luns festivo marcarán os momentos máis destacados no plano relixioso.

No eido musical e festivo, destacan as actuacións da Mekanika Rolling Band (venres), a orquestra Principal e o concerto de Natalia, concursante da primeira edición de Operación Triunfo (sábado), a verbena coa orquestra Combo Dominicano (domingo), e a música de D-Kris na sesión vermú do luns. Non faltarán tampouco as sesións de vermú, as orquestras “Zafiro” e “Nueva Fuerza”, nin a tradicional Xuntanza de Cantos de Taberna, que enche as rúas de música e ambiente popular.

O público infantil terá o seu espazo co espectáculo de Micromina Teatro (sábado), co Día do Neno (luns) e coa tradicional romaría das XVIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”, que inclúe xogos populares, degustación gastronómica e música tradicional.

No ámbito deportivo, destaca a celebración do X Memorial Ramón Espantoso, que enfrontará ao Mondoñedo F.C. e La Caridad F.C. o domingo 14 no campo municipal Viñas da Veiga.

A programación complétase coa parte cultural, na que se inclúe a inauguración da rúa Andrea López Chao e a presentación do documental “Andrea López Chao, o legado dunha mestra galega en Cuba”, actos que terán lugar o luns no marco das xornadas do peregrino.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...