InicioCentralMondoñedoMiguel Paz, Asociación Cultural As San Lucas: 'O grande acontecemento desta feira...

Miguel Paz, Asociación Cultural As San Lucas: ‘O grande acontecemento desta feira é a “baixada”, cando os animais chegan desde os curros’

Miguel Paz é presidente da Asociación Cultural As San Lucas, promotora da principal feira de Mondoñedo. Detrás desta feira e festas existen case mil anos de tradición coa baixada dos cabalos até a cidade devolvéndoos ao monte para o outro día. A importancia que teñen As San Lucas déixase ver na implicación de Concello, cidadanía e diversas organizacións cívicas e autoridades.

Publicada o

- Advertisement -

-A asistencia ás San Lucas aumenta cada ano ou foise estabilizando durante os últimos tempos?

A afluencia é moi numerosa aínda que pode fluctuar segundo os días. Pode haber días en que a circulación é boa e outros con dificultades para circular.

-Como se van organizando as San Lucas durante o resto do ano até a data sinalada?

Coa involucración de moitas persoas, con moito debate, moito falar e despois pensar naquilo que pode saír mal e intentar corrixilo. Aínda así, sempre pode haber imprevistos. Este labor implica a moita xente en moitos aspectos e ámbitos. Falamos da implicación do Concello, da Garda Civil, implícase o Concello e tamén moita cidadanía, sen todos e todas sería imposible sacar adiante estas festas.

-Cales son os grandes atractivos desta festa, que é a máis antiga de Galicia?

O momento máis destacado é o día 17 coa“baixada” que se leva facendo desde 1156, unha tradición case milenaria. Tamén son importantes a Feira das San Lucas que se celebra o 18 e a Doma Nocturna que se fai na Praza da Catedral, o Concurso Morfolóxico ou as carreiras de andadura. O certo é que ten todo moita afluencia tanto de participantes como de público.

-Como se realiza “a baixada” e por onde se fai?

Organízase durante os días previos ao 17 de outubro. Van xuntando os cabalos nun curro, realmente son tres curros diferentes, e para iso poden tardar cinco ou seis días para telos todos xuntos e baixalos até a vila. Logo o día 18 volven subir ao monte para estaren 364 días no monte. Son tres propietarios distintos a quen axudan amigos e familia.

-O número de cabezas de cabalos foi diminuíndo co paso do tempo?

Normalmente baixa o mesmo número de cabezas. Logo o día 18 traen cabalos doutros lugares para a feira, ao mellor entre 400 e 450 cabezas. Había tamén gando vacún, mais este ano está prohibido para evitar contaxios.

-Saben de onde veñen as persoas que se achegan cos seus exemplares para participar na feira?

Veñen dos concellos de arredor e tamén hai quen se achega desde Palencia, León, Asturias e Portugal.

-Coñécense as raíces das San Lucas?

Esta tradición vén de cando Afonso VII concedeu o título de cidade a Mondoñedo e lle permitiu facer unha feira anual, As San Lucas. Primeiro fíxose en agosto, mais era complicado porque era unha época en que se levaban adiante labores de agricultura e gandeiría. Por este motivo, pasaron esta festa ao mes de outubro.

-Outubro xa está no outono e a climatoloxía pode ser adversa.

Sabemos que pode chover ou ir bo tempo, mais todo o mundo responde da mesma maneira tanto os feirantes, o público e as persoas que participan nas actividades cabalares.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...